Saltar ao contido

O BM. CULLEREDO INDUTEC INGENIEROS CLASIFÍCASE PARA A FINAL FOUR E LOITARÁ POLO CAMPIONATO GALLEGO

https://www.youtube.com/watch?v=MUVUnNwvAu0

O BM. Culleredo Indutec Ingenieros, impúxose ao Grupo Lemaco Xiria onte na final das eliminatorias pola Final Four. Os culleredenses cumpren así o seu obxectivo e sacan billete para a fase onde tentarán exaltarse campións galegos ante rivais como o Balonmán Porriño, Pizzería Baratto Luceros e Cisne Colegio Los Sauces “A”.

O partido ante os carballeses do Xiria foi un encontro igualado e aínda que o BM. Culleredo Indutec Ingenieros mantívose practicamente todo o encontro por diante no marcador, os bergantiñáns negábanse a darse por vencidos e presentaron batalla ata os instantes finais. Na xa enfatizada procura da mellora defensiva, o conxunto de Culleredo estivo a un mellor nivel que en confrontacións anteriores e houbo tramos do partido nos que foi capaz de maniatar ao seu rival ata o bordo do pasivo. O bloque central funcionaba ben ante a primeira liña rival, pendentes especialmente de non caer nos cambios de ritmo e o xogo de amagos de Pablo Veiga. No posicional e tras algunhas perdas nos instantes iniciais, os de Culleredo facían dano á profunda defensa do Xiria, especialmente sacando partido ao xogo do pase e vai. Con todo e iso, o electrónico reflectía un 15-14 no tempo de descanso que deixaba todo moi aberto cara á continuación. .

Comezaba o segundo acto da contenda e o BM Culleredo Indutec Ingenieros ampliaba lixeiramente a súa vantaxe que agora se movería entre os dous e tres goles. O Grupo Lemaco Xiria aumentaba as rotacións ante o desgaste que supuña percutir unha e outra vez contra o 6:0 rival e tanto Samuel Veiga como Anxo Viña facían dano cos seus lanzamentos desde nove metros. O envite entraba nun momento crucial con 26-24, tratábase do meridiano da segunda parte e calquera erro podíase pagar caro. Foi neste momento cando un parcial de 4-2 poñía a final en clara franquía para os de Culleredo que cun 30-26 e dez minutos por xogar, xestionaría perfectamente o ritmo que máis lles interesaba ata conseguir a vitoria e o ansiado pase á Final Four.

BM.Culleredo Indutec Ingenieros: 33 (15+18). Javier Ansede (p), Iván Manzo (P), Iago Bescansa (2), Xoel Ínsua, Marcos Regueiro, Lucas Sánchez, Nicolás Vázquez, Shaiel Costa (3), Nuno Loxo (14), Senén Garea (4), Álvaro Diéguez, Teo Calvo, Samuel Seijas (5), Diego Del Río (4), Juanfran Pazos, Pablo Fariña (1).

Grupo Lemaco Xiria: 30 (14+16). Mateo Pallas (p), Alejandro Vázquez (p), Hugo García, Pablo Veiga (8), Marcos Amarelle (1), Samuel Veiga (3), Ángel Viña (3), Miguel Cambón, Erik Vázquez (4), Xurxo Fraga (6), Nicolás García (1), Samuel Regueira (1), Manuel Rey (2), Albero Rodríguez (1).

Parciais cada 5´: 3-4 / 4-6 / 8-8 / 10-9 / 13-11 / 15-14 /Descanso/ 19-17 / 23-20 / 26-24 / 30-26 / 31-28 / 33-30 / Final.

Colexiado: Pablo Barreiro e Pablo Torreiro. Estiveron ben.

Incidencias: Final das eliminatorias pola Final Four en categoría cadete masculino, disputada no pavillón de S. Francisco Javier con presencia nas bancadas de pais e nais dos rapaces de Culleredo.

Fotos do encontro:

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *