Saltar ao contido

UN MAL INICIO DE PARTIDO , LASTRA O RAFERGAL EN LALÍN.

Mal inicio no encontro para as nosas que o lastraron  a diferencia do marcador en todo o encontro.

Moitas dúbidas na fase defensiva onde o Lalín era capaz de conseguir gol mediante o lanzamento exterior ou penetracións polo centro da defensa Cullerdense.

Non estaban centradas as nosas nin en defensa nin en ataque xa que tamén no comezo do partido o ataque tampouco funcionaba, pouca velocidad de balón e moitas faltas que facían realentizar o xogo do Rafergal.

Co pasos dos minutos o marcador seguía coa mesma diferencia pero agora as nosas reestructuránronse e comenzaron a dificultar o ataque local pudiendo roubar balón e lograr contrataques efectivos.Xa no ataque o culle movia o balón en velocidade e lograba accións de gol , ainda asi o marcador o descanso reflexaba un 16-10.

Na segunda metade a diferencia foi a mesma, o culle non era quen de reducir a a diferencia , si é verdade que a organización defensiva do Rafergal era outra e conseguían parar o ataque do Lalín  en moitas ocasión , o espíritu do equipo Cullerdense no deixaba de later e quería reducir esa distacia no electrónico, pero o final non puido ser, non funcionou xeralmente os sistemas defensivo tato 6:0 coma 5:1 e o Lalín levouse merecidamente o 2 puntos no Municipal de Lalín.

Agora toca seguir traballando esta semana para afrontar o último partido de liga e acabar a tempada con boas sensación.

Forza Culle.

BM Culleredo: (10+11): Diana Dozo, , Marina Rodriguez,Aitana Tasende,Adriana Antonio,Anheliz Amarys (9),Lucía Ponte,Paula Valderabano (5),Candela Puga(5),Cara Estraviz, Adela Areoso,Lucía Sanchez(3),Carlota Rodriguez(4),Marta Valderabano(2)

Bm Lalín:(16+13): Carlota Codesido,Antía Gonzalez,Mencía Payo(8),Nair Saavedra(2),María Currás(7),Amalia Gonzalez,Micaela Luján(2),Claudia Sesar,Iria Sierra(4),Nuria Lopez(2).

Parcial cada 5 minutos:3-1/6-3/10-4/12-6/13-8/16-10/20-11/22-14/24-16/25-17/26-20/29-21

Árbitros:. Jose María García y Diego Rivera.

Incidencias: 9ª xornada da liga prata  , disputado no Pabellón Municipal de Lalín, con limitación de entrada para o público , polas restricciones do protocolo COVID 19.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *