Saltar ao contido

O BM. CULLEREDO INDUTEC INGENIEROS XOGARASE O PASE Á FINAL FOUR ANTE O GRUPO LEMACO XIRIA “A”

https://www.youtube.com/watch?v=GVBqaNPHwks

O BM. Culleredo Indutec Ingenieros saíu vencedor da semifinal que este sábado lle enfrontaba ao Footplus Carballal e fixoo ante un espectador de solera, nada máis e nada menos que o seleccionador nacional absoluto Jordi Ribera, que puido apreciar as evolucións destas xóvenes promesas. Os rapaces de Culleredo, clasifícanse deste xeito para a final de mañá Domingo ante o Grupo Lemaco Xiria “A” no que promete ser un duelo intenso e vibrante por conseguir unha praza na próxima Final Four da categoría.

Os de Culleredo mantivéronse por diante no marcador durante todo o encontro, comezando o partido con boas accións defensivas que lles reportaban situacións de contraataque ante a portería rival. Igualmente, as primeiras situacións no posicional solucionábanse positivamente con certa facilidade, tanto nos lanzamentos exteriores da primeira liña como no 1x1. No meridiano, o Indutec Ingenieros gozaba dunha vantaxe cómoda (16-11), diferenza que ampliaba no tempo de descanso (24-19). A nota negativa representábao a retagarda, que con 19 goles encaixados estaba a funcionar con altibaixos e de forma moi irregular.

As rotacións que puido levar a cabo o conxunto cullerdense serían importantes de cara a a continuación e foi así como no minuto corenta as diferenzas aumentaban ata os nove goles (33-24). Aínda que o partido parecía estar finiquitado, as irregularidades defensivas daban lugar a certas dúbidas e foi así, cando nun continuo bucle de precipitacións, o Footplus Carballal achegábase aos catro goles de diferenza a falta de cinco minutos. Os erros acumulados nestes instantes en ataque, unidos á fraxilidade defensiva que presentaba o BM. Culleredo Indutec Ingenieros, foron capaces de crear certa incertidume, liquidada finalmente pola capacidade anotadora xa demostrada con anterioridade.

O BM. Culleredo Indutec Ingenieros terá mañá por tanto a gran oportunidade para sacar billete para a próxima Final Four da categoría, pero para iso deberá de vencer  a un excelente e competitivo rival como é o Grupo Lemaco Xiria. Parece evidente que os de Culleredo deben de mellorar moito as súas prestacións na parcela defensiva, especialmente na zona dos exteriores onde hoxe encaixaron 22 goles dos 41 totais.

BM.Culleredo Indutec Ingenieros: 46 (24+22). Javier Ansede (p), Iván Manzo (P), Iago Bescansa (4), Xoel Ínsua, Marcos Regueiro, Lucas Sánchez, Nicolás Vázquez , Shaiel Costa (3), Nuno Loxo (13), Senén Garea (5), Álvaro Dieguez (1), Teo Calvo (1), Samuel Seijas (15), Diego Del Río (1), Juanfran Pazos (1), Pablo Fariña (2).

Footplus Carballal: 41 (19+22). Diego Otero, Iago García (2), Javier Zambrana (4), Alberto Terleiro (14), Anxo Fdez (9), Anxo Barciela, Nicolás Docampo (6), Elías Silva (1), Isidro David Mariño, Hugo Alonso (5).

Parciais cada 5´: 4-2 / 7-4 / 11-7 / 16-11 / 19-15 / 24-19 /Descanso/ 29-23 / 33-24 / 36-28 / 39-34 / 41-37 / 46-41 / Final.

Colexiado: Pablo Barreiro e Pablo Torreiro. Estiveron ben.

Incidencias: Semifinal das eliminatorias pola Final Four en categoría cadete masculino, disputada no pavillón de S. Francisco Javier con presencia nas bancadas de país e nais dos rapaces de Culleredo.

Fotos Do encontro:

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *