Saltar ao contido

CAMPIÓNS DE GRUPO ¡¡

Último partido do grupo B da liga Ouro no que o Sutenor non tivo apenas problemas para superar o Meaño.

Cun planeamento defensivo marcado por un sistema 3:3 o equipo local era quen de alexar da súa portería o equipo rival , estes non eran capaces de chegar a portería local grazas a solidaridade defensiva do Sutenor.

Na fase ofensiva o xogo mediante o pase e vai funcionaba e dinamizaba o ataque Cullerdense.

O descanso 18-7 no marcador.

Na segunda parte o equipo local seguiu co seu traballo defensivo , logrando que o rival non lanzara cómodo ou directamente roubando balóns para logo seguir xogando situación de pase e vai para poder atacar a portería rival en velocidade e así poder superar a defensa plantexada polo Meaño.

Parabéns os integrantes do Sutenor que consiguen terminar a segunda fase primeiros de grupo e invictos.Agora toca xa preparar a fase final polo campeonato do titulo .

Forza Culle.

BM Culleredo: (18+18): Marco Gonzalez, Ruben Gantes , Hugo Diaz, Alejo Martinez(3), Adrián Veira(2),Mateo Pérez(1),Josemi Martinez(4),Jaime Serrano (2),Bruno Pardo(4),Aaron Blanco(5),Iván Sánchez(4),Iago Vazquez(5), Anxo Negreira(5), Antón Pérez (2).

Asmubal Meaño (7+7):Lucas Sanmartin ,Fernando Bouzada(3),Adrián veiga(3),Iker Figueras ,Olai Ruiz(3),Jorge Cousido(4),Adrián González,Mateo Otero(1),Hugo Gonzalez(1).

Parcial cada 5 minutos:6-2/8-3/14-4/14-5/18-7/22-8/25-10/30-11/33-14/37-15

Arbitros:Iván Hernandez , Uxía Mariño.

Incidencias: 10ª xornada da liga Ouro grupo B , disputado no Pabellón de Almeiras, sen público polas restricciones do protocolo COVID 19.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *