Saltar ao contido

O BM.CULLEREDO FISIOTERAPIA BENESTAR, CAMPIÓN INVICTO DO SEU GRUPO E CLASIFICADO PARA A FINAL FOUR.

O BM.Culleredo Fisioterapia Benestar viaxaba o pasado sábado a Lugo co obxectivo de conseguir o campionato do seu grupo e con iso e máis importante, o pase ás semifinais da Final Four na liga Prata.

As cullerdenses non deron opción ao seu rival e afianzándose nunha ferrea defensa completaron un encontro serio para confirmar o obxectivo inicial. Non houbo titubeos nin altibaixos por parte do BM. Culleredo Fisioterapia Benestar, que co 0-5 inicial xa deixaban albiscar de forma clara as súas intencións. A pesar de ter en fronte un combativo CP.Lucense, que o tentaba con sucesivas transformacións por parte do seu lateral dereito, as visitantes non permitían o máis mínima físgoa na retagarda e, secundadas por unha soberbia Aroa en portería, saía en rápidas transicións que perforaban a portería rival en numerosas ocasións. A solvencia nas catro fases do xogo por parte das nenas de Culleredo, permitía unha diferenza cómoda e ampla ao descanso que deixaba moi encamiñado o obxectivo da vitoria final (3-14).

Quedaba o segundo acto para rematar o traballo ben feito e o equipo non baixaría a concentración nin as súas prestacións, conseguindo de novo trinta minutos cun xogo sen fisuras que daría como resultado os dous puntos en xogo e a conseguinte clasificación para a Final Four da categoría, evento que se celebrará a fin de semana do 22 e 23 de Maio e no cal o BM. Culleredo Fisioterapia Benestar enfrontarase ao BM. Porriño “B”, segundo clasificado del grupo “A”. Antes, a semana que ben, as rapazas do "Culle" xogarán o derradeiro encontro desta segunda fase, rematando en casa ante o BM. Brigantium "B", un partido que debe de ser unha festa ca clasificación e o liderado xa no peto.

CP. Lucense: 6 (3+3). Carlota Rielo (2), Iria Ruiz, Carla Ferreiro, Jennifer Soto, Antía Vázquez (4), Laura Cabanas, Anne Ziyan, Mara Lorenzo.

BM.Fisioterapia Benestar: 33 (14+19). Aroa Barbeito (p), Carla Bello (13), Marina Rodríguez (6), Nadya Folgueira (1), Tirsa Suárez, Carla Corral, Leire Barbeiro, Aroa García, Irene Bermúdez (2), Carla Estravíz, Paula Peteiro, Valentina Martínez, Lucía Martínez, Carlota Rodríguez (11).

Colexiadas: Raquel Martínez e Clara Mouriz. Sen problemas.

Incidencias: Penúltima xornada da liga Prata en categoría cadete feminina no grupo “B”. O encontro disputouse no pavillón do Centro Deportivo Terra de Lugo.

Fotos Do Encontro:

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *