Saltar ao contido

O BM.CULLEREDO INDUTEC INGENIEROS CLASIFICADO PARA AS ELIMINATORIAS FINAIS

O BM. Indutec Ingenieros certificou a súa clasificación para as eliminatorias finais e ademais conseguiuno como o mellor segundo dos tres grupos en competición.

O obxectivo da segunda praza xa estaba conseguido, pero o partido do pasado Domingo en Ribadavia era importante para destacarse nos guarimos como mellor segundo e por iso é polo que o envite non era intranscendente. A pesar diso, O BM. Culleredo Indutec Ingenieros saíu ao 40x20 do “Consello” moi falto de intensidade, feito que lles levou a sufrir na retagarda e a cometer numerosos erros fronte á portería rival. Os primeiros compases eran de dominio local e aínda que a superioridade física dos cullerdenses levoulles a tomar a dianteira cando se cumprían os primeiros trinta minutos (19-21), a bagaxe balonmanístico era moi pobre.

Quedaba por afrontar o segundo acto e urxía un cambio en canto ao aumento da intensidade e a contundencia nos contactos defensivos, do mesmo xeito que unha maior mobilidade sen balón por parte dos xogadores e de combinacións colectivas no posicional. Non sería ata o meridiano cando os Culleredo poñerían unha marcha máis ao envite, pasando do 30-27 que reflectía o electrónico neses instantes ao 38-29 final, é dicir, tan só dous goles encaixados nos últimos quince minutos e un parcial de 8-2 que confirmaba ao BM. Culleredo Indutec Ingenieros como mellor segundo dos tres grupos cun resultado final de 29-38.

A próxima fin de semana, o BM. Culleredo Indutec Ingenieros afrontará por tanto as eliminatorias finais co obxectivo posto na clasificación para a Final Four da categoría. Para iso, terá que vencer nas semifinais do sábado 08/05/21 e facer o propio na final do día seguinte, sen dúbida, un duro e complexo labor que os cullerdenses deben de afrontar ante clubs da talla de AD. Xiria, AD. Carballal e OAR Coruña. Só cunha praza en xogo, a loita será encarnizada e os cullerdenses deberán mostrar a súa mellor cara para imporse a estes rivais.

Carnes Doribeiro-Ourense Provincia Termal: 29 (19+10). Jorge Araujo, Omar Baye, Miguel Cortes (2), Anxo Durán, José Estevez, Mateo González (2), Daniel Carlón (1), Manuel Villalba (15), Nuno Rozas (3), Aaron Hermida (3), Simón Rivela, Manuel Vázquez (3).

BM.Culleredo Indutec Ingenieros: 38 (21+17). Javier Ansede (p), Iván Manzo (P), Iago Bescansa (5), Xoel Ínsua, Marcos Regueiro (3), Lucas Sánchez (2), Nuno Loxo (11), Senén Garea (4), Álvaro Dieguez, Teo Calvo (2), Samuel Seijas (5), Diego Del Río, Juanfran Pazos, Pablo Fariña (4), Adrián Pestonit, Shaiel Costa (2).

Parciais cada 5´: 6-3 / 7-6 / 11-12 / 15-14 / 17-20 / 19-21 /Descanso/ 21-24 / 25-29 / 27-30 / 28-33 / 28-37 / 29-38 / Final.

Colexiados: Alfonso Canitrot. Sen complicacións.

Incidencias: Derradeira xornada da liga Ouro (Grupo B) en categoría cadete masculino disputada no pavillón do Consello (Ribadavia).

Fotos Do Partido:

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *