Saltar ao contido

O SUTENOR CONSEGUE MATEMÁTICAMENTE A CLASIFICACIÓN A FINAL FOUR.

Derbi provincial moi emocionante onde o Sutenor conseguiu a clasificación a Final Four a falta de xogar a última xornada.Xa dende o inicio o Sutenor empezou con moita intensidade  en defensa , marcada por un sistema defensivo 5:1 moi aberto.Isto e  un ataque fluido facian que co paso dos minutos o equipo visitante fora aumentando a renta no marcador.

O Abegondo  non se rendía en seguía percutindo con accións individuais dos seus laterales que eran capaces de crear moito peligro na fase ofensiva.Ainda asi as axudas defensivas na organización defensiva do culle eran capaces de frear as embestidas do Abegondo.

A primeira metade finalizaba cun 7-13 no marcador evidenciando un gran traballo defensivo do equipo visitante.

Na segunda metade o tivo o mesmo ritmo , ainda que o culle tivo que remar ainda máis forte xa que durante unha gran parte do xogo quedariase cun xogador menos, isto fixo que o Abegondo puidera acercarse no marcador pero o Sutenor no se amilanou e conseguía seguir competindo e logrando unha ventaxa no marcador grazas a acción colectivas e conexión con pivote Josemi que estivo moi acertado de cara o ataque e destácalo tamén no liderazgo na fase defensiva.

Só queda unha xornada para remátalo grupo B , un partido contra o Meaño , último clasificado do grupo . Toca primeiro xogar e logo disfrutar dunha Final Four que será moi bonita e emocionante.

Forza Culle.

BM Culleredo: (13+17): Marco Gonzalez, Ruben Gantes , Hugo Diaz, Alejo Martinez(2), Adriám Veira(3),Mateo Pérez,Josemi Martinez(9),Jaime Serrano (1),Bruno Pardo,Aaron Blanco(2),Iván Sánchez(5),Iago Vazquez, Anxo Negreira(2),Samuel Seijas (6), Antón Pérez (1).

ABEGONDO F40(7+12):Yago Blanco ,Brais Candal,Adrián Insua(1),Diego Carracedo(2),Atalo Bello(7),Leo Rodriguez(4),Gabriel Ventura(3),Lucas Faraldo(1).

Parcial cada 5 minutos:2-3/5-6/6-9/7-11/7-13/10-16/13-18/15-21/16-27/19-30

Arbitros:.Ángel Mateos

Incidencias: 9ª xornada da liga Ouro grupo B , disputado no Pabellón de San Marcos -Abegondo, con  limitación de público polas restriccións do protocolo COVID 19

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *