Saltar ao contido

UN LIDERAZGO QUE VALE UNHA FINAL FOUR DE PRATA

A pesar de ter consolidado a primeira posición xa a pasada fin de semana, o Balonmán Culleredo Canosa Abogacía quería a vitoria para rematar esta segunda fase invicto. Partido sufrido cunha portería blindada por Aroa, aupaban esta fin de semana as de Culleredo a proclamarse Campionas do Grupo C da Liga de Prata en terras de Lugesas.

Simples circulacións de balón con remates individuais valían para marcar gol. Os nosos nervios pasaron factura á hora de estruturar xogadas marcadas e optaron por accións sinxelas ou de contragolpe. Pódese dicir que o equipo rival tiña máis posesión de balón que o noso equipo.

Agora toca xogar unha semifinal contra o segundo mellor clasificado dos grupos, a vitoria daríanos o pase á final para a loita polo título da Liga de Prata.

En calquera caso, neste ano de idas e vindas, de paradas e reanudacións, o obxectivo está máis que cumprido xa que independentemente do resultado, as de Canosa Abogacía estarían entre os catro mellores equipos da Liga de Prata entre un total de 17 equipos participantes a nivel galego.

CP LUCENSE 10 (7+3): SARA FERREIRO BLANCO, MARIA LOPEZ BELLO, CARLA BOUZA LOPEZ (1) ,ANGELA MERA VAZQUEZ, NAHOMY EUNICE ARGUETA GONZALES ,ANGELA GAVELA FERNANDEZ (2), EYRAM SEFENU VARELA, IRIA MARIA AMEDO LOPEZ (7) ,ADA BARREIRO PULPEIRO, AYA AFERDAD BOUGRINE, LAURA VAZQUEZ RODRIGUEZ

BM CULLEREDO CANOSA ABOGACÍA 19 (12+7): LUCIA INES CORTEGOSO REY, TIRSA SUAREZ GIL (1), CARLA CORRAL QUIAN (3), AROA BARBEITO CASAS, MARIA BESCANSA ALCOBA, ALBA PEDREIRA LOPEZ , LEIRE BARBEITO CASAS (1), PAULA PETEIRO VAZQUEZ (5), LUCIA MARTINEZ LABRADOR (1), ANTIA FERREÑO FERNANDEZ, VALENTINA MARTINEZ FIUZA (5),AROA GARCIA PENA, IRENE RODRIGUEZ FERNANDEZ (1), CARLA MUIÑO CANCELA (2)

Arbitros: : Raquel Martínez Pita, Clara Mouriz Otero

Parciais cada 5´: 1-2/3-5/3-8/6-9/7-12 Descanso 8-14/8-15/9-17/9-18/10-19 Final

Incidencias: Xornada 6ª da segunda fase Liga de Prata grupo C celebrada no Centro deportivo Terra en Lugo . Con 25 persoas aproximadamente de público debido ás restricións do protocolo COVID 19.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *