Saltar ao contido

Previa da xornada!

Nova xornada de competición, coas ligas xa casi rematadas na súa maioría, toca xogalas xornadas finais e ir despedindo un moi bo ano a pesares das circunstancias vividas. Unha tempada na que todos os equipos rendiron a bo nivel e en maior ou menos medida foron quen de cumprir cos seus obxetivos.

Esta xornada poderemos desfrutar dos seguintes encontros:

(Infantil fem.) CP LUCENSE VS BM CULLEREDO CANOSA ABOGACÍA

Toca viaxar a terras lucenses para rematar a 2ª fase desta competición. De seguro que será un partido vibrante e o CP Lucense non porá as cousa sinxelas.

Esperemos continuar na mesma traxectoria e rematar con pleno de victorias no casilleiro.

(Infantil masc.) ABEGONDO F40 VS BM CULLEREDO SUTENOR

Enfrontánse primeiro e segundo da táboa clasificatoria, na que será a penúltima xornada do grupo B na Liga Ouro.

O Abegondo ven moi forte e quere a vitoria, pero o Sutenor vende moi  cara a súa derrota, así que promete ser un partido moi competido .¿Quén se levará a vitoria neste encontro? 

(Cadete fem.) CP LUCENSE VS BM CULLEREDO FISIOTERAPIA BENESTAR

O BM. Culleredo Fisioterapia Benestar desprázase o sábado a Lugo para enfrontarse a o CP. Lucense no Centro Dep. Terra. O partido dará comenzo as 17:30h. Para as de Culleredo é un partido fundamental, xa que a falta de dúas xornadas para o remate desta segunda fase, o equipo lidera a clasificación empatado a puntos co Ribadosar que é segundo, eso sí, as cullerdenses cun partido menos. Polo tanto, en caso de vitoria firmarían virtualmente ese primeiro posto deste grupo, obxectivo claro do Fisioterapia Benestar para pasar a seguinte fase dende o máis alto da táboa clasificatoria e permanecendo invictas nesta fase.

(Cadete masc.) CARNES DO RIBEIRO-OURENSE PROVINCIA TERMAL VS BM CULLEREDO INDUTEC INGENIEROS

O BM. Culleredo Indutec Ingenieros disputará a domicilio o derradeiro partido de esta segunda fase. Para os de Culleredo será unha final, xa que en caso de vitoria firmarían a clasificación para a seguinte fase como mellor segundo e conseguirían afrontar as semifinais con certas vantaxes. O equipo debe de conseguir unha mellor predisposición para afrontar o partido con mayor actitude e competitividade, acompañada dunha mellora no xogo colectivo, especialmente en tarefas defensivas, tanto no sistema 6:0 como 5:1. O encontro dará comezo o Domingo ás 11:15h no pavillón municipal O Consello de Ribadavia.

(Xuvenil fem.) BM CULLEREDO RAFERGAL VS ASMUBAL MEAÑO

O BM. Culleredo Rafergal, actuará de novo como local no polideportivo de Almeiras este Domingo ás 13:00h. As Cullerdenses reciben ao Asmubal Meaño, un conxunto que se sitúa na clasificación xusto un posto por riba das culleredenses pero empatadas a puntos con estas, polo que o encontro toma especial relevancia, xa que en caso de vitoria, o BM. Culleredo Rafegal ascenderá un posto na clasificación e estará preto da terceira praza. O conxunto de Culleredo debe de conseguir unha maior regularidade ao longo dos sesenta minutos e non caer neses altibaixos que veñen reultando un hándicap para o desenrolo final dos partidos.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *