Saltar ao contido

DESPUTADO PARTIDO DO BM CULLEREDO CANEDO

Esta fin de semana os nosos rapaces do Bm Culleredo Canedo viaxaban a Lugo para verse as caras co Cp Lucense Masculino.

Na primeira metade de partido ambos equipos tiveron perdas de balón e erros en ataque que lle ocasionaron oportunidades ao rival, pero os erros en defensa do Bm Culleredo Canedo (que o Lucense non dudou en aproveitar) condicionou o marcador.

Xa entrada a segunda metade ambos equipos saíron a loitar o partido, facendo así unha moi boa terceira parte na que non so destacar a boa defensa dos nosos rapaces, senon tamén aos porteiros, que a pesares dos moitos lanzamentos conseguiron aguantar a friolera dun so gol encaixado.

Partido moi igualado de principio a fin onde puidemos observar un bo xogo dos nosos rapaces que non se deron por vencidos en ningún momento e loitaron ata o final.

FORZA CULLE!!!!!

BM. Culleredo Canedo: 5 (1+1+2+1). Jairo Candamio (2), Xoán Canedo, Iago Patiño, Jose Manuel Pedreira (2), Teo Gómez (10), Diego Bermúdez, Leo Castro, Mateo Basanta, Hugo Bregua.

Cp Lucense Masculino: 11 (3+3+2+3). Lucas Díaz (6), María López (1), Martín Alonso, Ángela Mera, Sara Ferreiro, Ángela Gavela, Adrián Mosquera (3), Víctor Arean, Aya Aferdad (2), Laura Vázquez, Iván Vila (5), André Fernández (4).

Parciais cada 10´: 6-4 /  9-5 / 1-1 / 5-4  .

Colexiados: Sergio Ríos Vázquez e Raquel Martínez Pita.

Incidencias: Cuarto partido de Liga disputado polos nosos rapaces. O encontro tivo lugar no Pavillón Municipal Casa do Deporte de Lugo coa presenza limitada de público, debido as restricións sanitarias actuais.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *