Saltar ao contido

BO PARTIDO DAS NOSAS ALEVÍNS

Este pasado venres as nosas rapazas recibían ao Bm Línea 21 con moita ansia.

O partido comezou cunha defensa moi activa por parte dos rivais, a cal mantiveron de principio a fin, ocasionándolles desta forma problemas á hora de finalizar ao Bm. Culleredo Femenino, esta falta de gol e os erros nos pases condicionaron o inicio do partido e gran parte deste.

Na segunda metade, as nosas rapazas seguiron traballando e pelexando, logrando así unha moi boa defensa e sendo capaces de chegar a portería rival con maior facilidade. Destacar tamén os bos repliegues defensivos que foron clave para frear as rápidas subidas de balón do Bm. Línea 21.

A pesares do resultado xogaron un bo partido, traballando e loitando cada balón.

FORZA CULLE!!!!

Bm Culleredo Femenino: 4 (1+1+1+1). Irene Rodríguez (3), Lucía López (3), Alicia Canedo (1), Eva Outón, Aitana Gestal, Antía Ferreño (1), Claudia Soto, Noa Oton (2), Antía García, Nadia Martínez.

Bm Línea 21: 12 (3+3+3+3). Brais Garrido, Miguel Álvarez (3), Uxío García, Hugo Aneiros (1), Miguel Montesino (5), Candela M. García (12), Nuno García (4), Daniel Domínguez (5), Miguel Mariño (3), Manuel Caamaño (6).

Parciais cada 10´: 1-5 / 3-6 / 4-10 / 3-8.

Colexiados: Uxía Mariño Gómez e Iván Hernández Couto.

Incidencias: Cuarto partido de Liga disputado polas nosas rapazas. O encontro tivo lugar no Polideportivo Municipal de Vilaboa coa presenza limitada de público debido ás restricións sanitarias.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *