Saltar ao contido

Victoria que non chega para acadar o título ligueiro

Tarde de domingo e derradeira  xornada con todo por disputar na clasificación.Visitamos a sempre difícil pista do Porriño.
Un bo inicio de partido moi centrados na faceta defensiva e conseguindo goles fáciles nos permitiu coller rápido a dianteira no marcador. No ataque posicional estivemos un pouco atascados e cometendo perdas de balón moi pouco habituais no noso equipo . Ainda así outro partido mais no que gracias a defensa e portería conseguimos chegar o descanso cunha amplia vantaxe ( 10- 16) .
Na 2° metade ,comenzamos moi mal no ataque e non foi hasta o minuto 9 o momento no que encontramos o primeiro gol na portería rival . No minuto 15   e tras un parcial de 6-2 , o equipo local acercouse  a 2 goles .Foi neste intre cando os xogadores cullerdenses subiron un punto na efectividade de cara a porteria e con varias boas accions conseguimos aumentar a vantaxe aos 4 goles e poder rematar o partido tranquilos.
O resultado entre o MC360 POIO - ASMUBAL MEAÑO ,non nos favoreceu e o equipo Meañes  acadou a victoria co que acadaron o campeonato ligueiro motivo polo cal nos rematamos na 2° posición.  Felicitar os de Meaño polo titulo e desexarrlle a mellor das sortes na fase de ascenso a 1° nacional.
Dentro de 3 semanas xogaremos a Final Four( 15  e 16 de Maio) para pelexar por outra praza para poder ir a fase de ascenso.O equipo está unido  e con moitas ganas de xogar  a final four para asi conseguir o obxectivo da tempada.
FORZA CULLE

Balonman Porriño 23 (10 +10) : Ivan Pérez (1),Fabián (1),Manuel (4),David,Gabriel (2),Ivan Fernandes (2),José, Jonathan (7),Jorge(1),Xavier, Eloy,Mario(2),Alejandro,Jesus

Balonman Culleredo 26( 16+7) : Antonio, Javi (1),Fran(1), Miguel (5) , Iago Franco (1),Rökkvi, Marcos (2),Daniel (1),Carlos (1),Alvaro (1), Giraldez(1),Iago Ferreiro(3), Diego (1), Mario(4) Dario(1)

Parciais cada 5 minutos : 0-2/1-4/4-8/6-11/8-13/10-16/Descanso /11-16/13-17/16-18/17-19/18-21/20-23 FINAL

Colexiados : Alberto Rodríguez e Rubén Iglesias.Bo arbitraxe ,fácil e sen complicacions .

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *