Saltar ao contido

O `Bermúdez Ulloa´proclámase lider invicto do grupo A na liga prata.

Este domingo, os nosos xuvenís visitaban aos veciños de Santiago, o Balonmán Ribadosar, nunha cancha sempre complicada pra nós. En xogo estaba conseguir dous puntos máis e lograr o liderato do grupo sen ningunha derrota.

O partido comezou espeso, non éramos quen de aproveitar as boas situacións de lanzamento 1x1 fronte ao porteiro, sendo incapaces de controlar o electrónico nos 5 primeiros minutos. Nós, fieis ao noso sistema defensivo e ás rápidas transcións a portería tanto en 2a ondada, como en contraataque directo, conseguíamos ir madurando o partido e levándoo ao noso territorio. Xa nos minutos fináis da primeira parte, os nosos conseguían unha diferenza de 10 goles no marcador.

A tónica da segunda parte, foi similar, explotando a primeira ondada tralos pases maxistrais do noso porteiro Oscar e facendo un gran papel defensivo, no que todos, estiveron moi compenetrados facendo gala dun fenomenal ambiente de equipo. Así e todo, ao final do segundo tempo, os nosos remataban o encontro cunha diferencia abultada no marcador de 20 tantos. O resultado final, foi de 18-38 a prol do Culle.

Darlle a noraboa a este gran grupo de rapaces, que foron medrando en xogo e competitividade dende o comezo ata agora. Non fixemos máis que empezar aínda, nun transcurso de dúas ou tres semanas, loitaremos polo título da liga plata galega, nunha final a catro entre os dous primeiros conxuntos de cada grupo.

Moitos parabéns rapaces, seguimos aprendendo e seguimos mellorando. Imos a polo título!!!!!!!!!!!

FORZA CULLEEEEE!!!!!!!!!!!!

GOLES

Chao (5), Gon (3), Puga (5), Eloy (3), Briones (6), Alexo (5), Fariña (2), Kidus (3), Shaiel (3), Bescansa (1), Del Busto (3)

PARCIALES CADA 5'

1-2, 3-5, 7-10, 7-12, 8-14, 8-18, 11-21, 12-24, 14-27, 15-30, 17-33, 18-38

ÁRBITROS

Pablo Barreiro e Christian García

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *