Saltar ao contido

EMPATE QUE LEVA UN SABOR AGRIDULCE PERO CO OBXETIVO MÁIS CERCA.

Partido intenso o vivido en Almeiras, primeiro saia moi enchufado o Fisioterapia Benestar logrando nos primeiros 10 min unha ventaxa de 4 goles grazas a organizada defensa.Despois dun tempo morto do Ribadosar , o equipo visitante reaccionaría e en outros 10 minutos xa estaba un gol por debaixo no electrónico grazas a boas combinacións co pivote en ataque , e  unha defensa mellor estruturada.

O Culle en ataque  de tránsicion perdía moitos balóns o que daba pé a que o Ribadosar  apretará o marcador, pero en cambio no ataque estático era moi disciplinado aínda asi  os erros de lanzamento  o lastraban.

A segunda metade foi moi parecida a primeiras pero sen grandes deiferencias como nos primeiros compases do encontro.

O Ribadosar con moito oficio seguía percutindo  no ataque con xogo co pivote que lle daba folgos para a fase defensiva , onde tivo uns minutos con éxito que fixo darlle a volta ao marcador.Os erros de lanzamento nos extremos do Culle  seguían lastrando o equipo local.

Os últimos minutos do encontro foron de moitos nervios xa que cada ataque era unha incertidumbre, ao final nin o Culle nin o Ribadosar aproveitaron a súas ocasións para poder levarse a victoria.

BM Culleredo: (12+10): Aroa Barbeito,Carla Bello(6),Marina Rodriguez (7), Carla Muiño(1),Aitana Tasende(1) ,Irene Bermúdez(),Nadya Folgueira, Carla Estraviz (2), Paula Peteiro,Valentina Martinez,Carlota Rodriguez (5)

Ribadosar :11+11): Candela Rodriguez,Alba Lopez(2),Emma Serrano,Lidia Sanda(1),Iria Rodriguez (4),Carmen Vila,Iria Muñiz, Alicia Pose(3),Carla Veiga (4),Julia Tubio(1),Coral Rubial (1),Valeria Ninni(6)

Parcial cada 5 minutos:3-2/7-3/8-6/10-8/11-10/12-11/15-14/16-15/18-17/19-19/21-21/22.22

Arbitros:. Pablo Torreiro,

Incidencias: 8ª xornada da liga Prata  grupo B , disputado no Pabellón de Almeiras, con limitación de entrada para o público , polas restricciones do protocolo COVID 19.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *