Saltar ao contido

O BM.CULLEREDO RAFERGAL QUEDA ÁS PORTAS DA REMONTADA

O BM. Culleredo Rafergal voltou a protagonizar de novo un partido de altibaixos, coma se dunha montaña rusa se tratara. Despois de comezar ben o encontro, cunha defensa 6:0 ben asentada e clarividencia no ataque posicional, algúns erros no meridiano do primeiro acto non permitían ás locais ampliar a súa vantaxe que nese momento era de dous goles (4-6). Entrábase entón nuns momentos máis erráticos que decantaban a balanza cara ao conxunto visitante, con maior acerto neste último tramo previo á finalización dos primeiros trinta minutos. A pesar de todo, a diferenza era menor e todo estaba por dilucidarse na continuación (10-12).

O verdadeiro curtocircuíto do equipo cullerdense produciríase no primeiros vinte minutos do segundo tempo. Despois de que o Balonmán Porriño B conseguise un 0-2 de parcial nos primeiros 5´ (10-14) , o BM. Culleredo Rafergal sumíase nunha espiral incontrolable de precipitacións, dúbidas e baixón anímico que aproveitaría o seu rival para endosar un parcial de 4-11 e conseguir unha diferenza que parecía de todo insalvable a falta de 10´para a conclusión (14-23). Foi entón e ante tal marcador adverso, cando as mozas de Culleredo presentarían a mellor versión de intensidade, compromiso e vontade desde unha defensa presionante para recuperar un balón tras outro e conseguir un parcial de 9-1 que deixaba a remotada ao bordo de facerse efectiva (23-24). Cun último balón para poñer as táboas no electrónico a falta de cinco segundos, a chicharra abortaba esta posibilidade ao anunciar o final do envite antes de que a pelota puidese trasladarse ás proximidades da portería contraria.

BM.Culleredo Rafergal: 23 (10+13). Diana Dozo (p), Marina Rodríguez (1), Aitana Tasende, Adriana Antonio, Anheliz A. Alexander (3), Lucía Ponte (1), Paula Valderrabano (7), Candela Puga, Adela Areoso (3), Lucía Sánchez, Carlota Rodríguez (6), Marta Valderrabano (2).

Balonmano Porriño “B”: 24 (7+13). Nerea Cano, Uxía Campos (1), Paula Cortiñas (1), Lucía Álvarez (4), Nayara Alonso (1), Carmela Fontoira, Antía Castiñeira (1), Julia Álvarez (1), Ángela Romero (3), Lucía Méndez (5), Noa Pérez (4), Elena Pérez (3), Aroa Lorenzo, Mairea González.

Parciais cada 5´: 2-3 / 5-3 / 6-5 / 8-8 / 8-10 / 10-12 / Descanso / 10-14 / 13-18 / 14-21 / 14-23 / 19-23 / 23-24/ Final.

Colexiado: Renzo Martín Díaz e Iván Hernández. En problemas.

Incidencias: 7ª xornada da liga Prata en categoría xuvenil feminina. O encontro disputouse no pavillón municipal de Almeiras.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *