Saltar ao contido

Previa da xornada!

Nova xornada de competición, na que nos acercamos ás xornadas finais dalgunha das competicións dos nosos equipos e na que algúns deles intentarán loitar polo título ou obtelo pase á fase final. Cabe destacar que esta fin de semana o equipo senior xoga a última xornada na que debe gañar e esperalo resultado de Meaño para saber se se proclaman campións da 1ª Autonómica Masculina.

Esta xornada poderemos desfrutar dos seguintes encontros:

(Infantil masc.) BM CULLEREDO REMAX RIAZOR VS OAR CIUDAD

Os nosos rapaces do Remax Riazor enfrontaranse este domingo ás 13:00 en Tarrío ao OAR Ciudad. Os nosos buscarán seguir na súa liña de progresión e competir ata o final un partido que de seguro será duro. Para poder gañalo partido deberemos amosar unha defensa moi solidaria e contundente e xogar con calma e claridade en ataque, solventando os erros da xornada pasada.

(Infantil masc.) METALÚRGICA BB XIRIA VS BM CULLEREDO CONSTRUPEREIRO

Este sábado ás 12:15 no Vila de Noia, o Construpereiro ten un encontro importante no que medilo seu estado de forma actual. Chegan os nosos a esta xornada con baixas no equipo, pero con moitas ganas e ilusión para intentar acadar unha nova victoria que nos manteña na parte alta da clasificación.

(Infantil masc.) BM CULLEREDO SUTENOR VS GLOBALMAR SEALAND CARBALLAL

O BM Culleredo Sutenor desputará o seu encontro desta xornada fronte ao Carballal, farao este domingo ás 10:00 en Almeiras. Os nosos rapaces do Sutenor buscarán alargala súa racha de victorias ante o duro Carballal, que de seguro nos plantexará moitos problemas, tendo os nosos que dalo seu 100% se queren sacar un resultado positivo.

(Cadete fem.) BM CULLEREDO FISIOTERAPIA BENESTAR VS BM RIBADOSAR

As nosas cadetes do Fisioterapia Benestar volverán a enfrontarse esta xornada ao Bm Ribadosar, equipo que xa na ida lle pranteou certos problemas ás nosas que remataban por levarse os 2 puntos de Santiago. Buscarán as nosas seguir na liña de traballo que veñen levando toda a tempada e de seguro que coa nosa sólida defensa conseguiremos sacar un resultado positivo deste encontro.

(Cadete masc.) BM CULLEREDO INDUTEC INGENIEROS VS ASMUBAL MEAÑO

O BM. Culleredo Indutec Ingenieros volverá ao pavillón de Almeiras para disputar como local o penúltimo partido desta fase. Clasificado xa como segundo do seu grupo, os cullerdenses utilizarán estes dous últimos encontros para conseguir unha mellor posta a punto e chegar ás semifinais da seguinte fase o mellor posible, co obxectivo de conseguir a clasificación para a Final Four. O partido ante os de Meaño será sumamente importante para establecer o punto de partida a unha mellora no xogo, especialmente en defensa, tanto no sistema 6:0 como 5:1. O encontro dará comezo ás 10:00h.

(Xuvenil fem.) BM CULLEREDO RAFERGAL VS BALONMANO PORRIÑO “B”

O BM. Culleredo Rafergal, actuará de novo como local no polideportivo de Almeiras este sábado ás 13:00h. As Cullerdenses reciben ao Balonmán Porriño B, un conxunto que foi capaz de derrotar pola mínima ao conxunto de Culleredo na primeira volta, polo que se espera un encontro igualado e no que as locais teñen postas moitas esperanzas co obxectivo de aspirar aos postos altos nesta segunda rolda. O aspecto defensivo será de novo clave, así como reducir os erros non forzados, cuestión na que o equipo xa presentou unha importante mellora no partido da fin de semana anterior en Chapela.

(Xuvenil masc) BM RIBADOSAR AMANCIO DEPORTES VS BM CULLEREDO BERMÚDEZ ULLOA

Este domingo ás 12, os nosos xuvenís visitan aos veciños de Santiago, o Bm Ribadosar. Último partido da liga, xa que na última xornada tócanos descansar, encontro vital para seguir mantendo a primeira posición na táboa clasificatoria e sobre todo para seguir na liña ascendente na que nos encontramos, na que temos a posibilidade de rematar a liga como líderes invictos.

(Senior masc) BALONMANO PORRIÑO VS BALONMÁN CULLEREDO

Última xornada da fase polo título e todo por decidir ainda na clasificación.

Desprazarémonos na tarde do domingo a Porriño para enfrontarnos ao único equipo o que non conseguimos vencer nesta 2ª fase. Teremos moito que traballar para conseguir a victoria e despois esperar o resultado do partido entre o MC360 POIO  - ASMUBAL MEAÑO para ver como queda a clasificación final. Todo pode pasar na apaixoante e decisiva xornada!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *