
Este sábado víanse as caras dous dos nosos equipos alevíns, o Bm Culleredo Enerxíasolar e o Bm. Culleredo Opemat.
Nada máis comezar podíamos percatarnos da concentración e gañas de competir coas que entraban á pista. O Bm Culleredo Enerxíasolar conseguiu acadar vantaxe no marcador grazas as boas finalizacións en ataque e os rápidos repliegues defensivos pero o Bm Culleredo Opemat non se quedou atrás. Foi unha primeira parte intensa de principio a fin, como ben podemos ver reflictida no marcador.
Xa entrada a terceira parte do encontro os erros de comunicación do Enerxíasolar na defensa provocaron que os rapaces rivais colleran vantaxe e acadaran un bo marcador, levando hasta o último momento a emoción e competicón do partido.
Moi boas sensacións de parte de ámbolos dous equipos.
FORZA CULLE!!!!!
BM. Culleredo Enerxíasolar: 10 (3+3+1+3). Yeabsera Pérez (5), Hugo García (6), Joel Centoira (5), Hugo Castelo, Mauro Fernández (3), Alexis Martínez (13), Antón Rodríguez (1), Xoel Mosquera, Hugo Nodar (1), Yago Ben.
BM. Culleredo Opemat: 6 (1+1+3+1). Iván Gantes (11), Jorge Amor (1), Hugo Bermúdez (10), Alejandro Soto (1), Adrián Aneiros (7), Diego Rodríguez (1), Hugo Neira.
Parciais cada 10´: 9-6 / 8-6 / 6-10 / 11-7.
Colexiado: Rubén Iglesias Álvarez.
Incidencias: Terceiro partido de Liga disputado por ámbolos dous equipos. O encontro tivo lugar no Pavillón Municipal de Tarrio coa presenza limitada de público, debido as restricións sanitarias actuais.