Saltar ao contido

O ConstruPereiro recupera sensacións!

Nova xornada para os nosos rapaces do Bm Culleredo ConstruPereiro, na que buscaba o Constru volver ao bo xogo e intentar sumar de novo 2 puntos, tras 2 malas xornadas.

Chegaban os nosos nenos con ganas, dende o quecemento víase concentración e intensidade para afrontar un partido no que a necesidade de recuperar sensacións era clave. Dende o comezo veuse a un Constru moi superior, chegando ao gol con facilidade e moi sólido en defensa. Con un bo xogo sen balón en ataque e claridade á hora de tomar decisións, chegábamos á portería rival con rapidez, en ataques de non máis de 20 segundos. En defensa estábamos sólidos, pero a superioridade física de 2 dos xogadores rivais e as dudas por momentos dalgúns dos nosos defensores á hora de axudar concedíanlle ocasións ao Bm Ribadosar.

Co bo traballo da primeira parte chegábamos ao descanso con unha vantaxe de 14 goles e comezaría unha segunda parte diferente, na que estarían os nosos máis relaxados e imprecisos no pase, perdendo balóns que lle daban alas ao Ribadoar para poder chegar á nosa portería. Nesta segundo parte xogarían case os 25 min os 2 alevíns convocados (Hugo e Xoán), que xa tiveran minutos na 1º metade. Destacalo gran traballo destos 2 nenos que pouco a pouco van entrando na dinámica do grupo infantil e amosan os motivos polos que contamos con eles.

Bm Culleredo ConstruPereiro: 39 (25+14). Adrián (P), Rubén (P), Teo (4), Fabián (3), Nicolás A. (3), Nicolás D. (2), Josemi (7), Antón (7), Mateo (6), Hugo B. (4), Xoán C. (3).

BM Ribadosar: 24 (11+13). Pablo (10), Alberto, Brais, Jacobo, Antón, Iago (1), Pedro (3), Alejandro S., Xulián, Alejandro H. (10).

Parciais: 6-2/12-5/17-7/22-9/25-11/ Descanso /26-16/29-17/34-19/36-22/39-24/Final

Colexiados: Iván Hernández e Renzo Martín. Sen complicacións.

Incidencias: Encontro correspondente á 5ª xornada da segunda fase de competición, liga prata infantil masculina grupo A. O encontro desputouse en Almeiras.

ENLACE AO ÁLBUM DE FOTOS DO PARTIDO: https://photos.app.goo.gl/WbStsNyR29Gjiw1BA

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *