Saltar ao contido

O Sutenor gana con autoriade en Ourense

Séptima xornada desta liga de ouro para os nosos rapaces do Bm Culleredo Sutenor que desta vez se desprazaban a Ourense para enfrontarse ao Panadería Monserrat Bm Pabellón.

Viaxaban os nosos nenos a Ourense buscando seguir mellorando o traballo feito, seguir coa boa racha de resultados e poder dar un paso máis no seu crecemento como xogadores de balonmán.

Comezaba o encontro e rápidamente veríamos a clara superioridade dos nosos, que a pesares deso estaban algo despistados, con algún despiste defensivo e erros á hora de seleccionar o lanzamento. Sen embargo a solidaridade defensiva foi clave para mantela diferenza neste primeiro período e privar ao Bm Pabellón de acercarse no marcador. En ataque iríamos despertando e soltándonos máis ante a defensa 4:2 plantexada polos locais. A partires do xogo 2x2 do central e o pivote na ampla zona central que cedían os ourensáns, conseguíamos atopar ou ben goles directos e sinxelos ou unha rápida continuidade para que acabasen finalizando os nosos extremos.

Xa no segundo tempo, comezaríamos algo relaxados pola distancia existente no marcador, pero rápidamente volveríamos a activarnos e chegar a acadar goles sinxelos e rápidos. Sen embargo os largos ataques do Bm Pabellón, que chegaron a durar ata un minuto en varias ocasións, privávannos de oportunidades para poder chegar máis a portería e aumentala diferenza.

Partido moi serio dos nosos nenos que siguen progresando en diferentes aspectos do xogo á vez que conseguen manterse invictos esta tempada.

Bm Culleredo Sutenor: 36 (17+19). Marco (P), Rubén (P), Adrián (6), Iván (8), Alejo (2), Anxo (7), Iago (1), Aarón (8), Bruno, Mateo (2), Antón, Jaime (2).

Panadería Monserrat Bm Pabellón: 21 (9+12). Manuel, Juán, Carlos (13), Álvaro (2), Ian (1), Izan (1), Adrián (1), Iago, Miguel (3), Iván.

Parciais: 1-2/2-7/7-10/8-14/9-17/ Descanso /14-21/15-22/17-25/20-31/21-36/Final

Colexiados: Martín Rodríguez e Joel Colmenero. Sen complicacións.

Incidencias: Encontro correspondente á 7ª xornada da segunda fase de competición, liga ouro infantil masculina do grupo B. O encontro desputouse no pavillón de Oira.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *