Saltar ao contido

UN SUPERIOR BM. CULLEREDO CANEDO FRONTE O BM. CULLEREDO FEMENINO

Nesta terceira xornada de Liga víanse as caras dous dos nosos equipos alevíns, o BM. Culleredo Canedo e o BM. Culleredo Femenino.

Comezaba o encontro cun moi bo Bm Culleredo Canedo, que saíu ao campo con decisión e confianza, no que destacou a súa defensa coa que conseguiu converter en goles as continuas perdidas de balón e erros en ataque das nosas rapazas.

A pesares do mal comezo do Bm Culleredo Femenino, na terceira parte demostraron que viñan a competir e por momentos provocaron máis dun susto aos rivais que sufriron defendendo na zona central.

Todo o esforzo anterior provocou un novo baixón da competitividade nas rapazas, que xa cansas e xunto a mala sorte nos lanzamentos levou aos nenos a novas ocasións de ataque que non dubidaron en aproveitar.

Destacar  o debut de dúas benxamíns, Noa Otón e Aitana Gestal, que competían por primeira vez en bm 7 deixando boas sensacións.

FORZA CULLE!!!

BM. Culleredo Canedo: 12 (3+3+3+3). Jairo Candamio (6), Xoán Canedo (5), Iago Patiño (1), Jose Manuel Pedreira (6), Teo Gómez (23), Diego Bermúdez (3), Leo Castro (2), Mateo Basanta, Hugo Bregua (4).

BM. Culleredo Femenino: 4 (1+1+1+1). Eva Outón, Lucía López (4), Nadia Martínez, Alicia Pérez, Irene Rodríguez (6), Antía Ferreño, Claudia Soto, Noa Oton, Aitana Gestal.

Parciais cada 10´:  17-1 / 9-3  / 10-6  /  14-0.

Colexiado: Rubén Iglesias Álvarez.

Incidencias: Terceiro partido de Liga disputado por ámbolos dous equipos. O encontro tivo lugar no Pavillón Municipal de Tarrio coa presenza limitada de público, debido as restricións sanitarias actuais.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *