Saltar ao contido

Derrota axustada do Remax Riazor

Tocáballe este sábado desprazarse a Oleiros ós nosos rapaces do Bm Culleredo Remax Riazor que se enfrontarían a un duro rival, o Club Balonmano Atlántico.

Comezaba o encontro con moita igualdade, con un Atlántico buscando darlle moita velocidade ao xogo, que se vía contestado coa boa defensa Cullerdense, facendo dudar aos locais e freando en moitas ocasións a rápida circulación do balón dos rivais. Os nosos que comezaban moi ben en defensa, pola contra, estaban estáticos en ataque, chegando á portería máis por calidade individual que por xogar colectivamente, sen embargo esto cambiaría a partir do minuto 10. Os nosos, xa máis centrados, comezaban a mostralo bo xogo despregado nas últimas xornadas e víase a un equipo diferente en ataque. A pesares do bo xogo, perdían os nosos balóns sinxelos á hora de dala continuidade polo bo traballo defensivo rival, o que lles dou oportunidades de saír á contra nesta última fase do primeiro tempo.

Con esta dinámica nos derradeiros 7 min da 1ª parte conseguíamos aínda así manternos na loita polo partido sostidos por un espectacular Hugo en portería, que conseguía deter 2 contraataques e varios lanzamentos dende 6m dos rivais.

Saltaban os nenos ao campo para comezalo 2º tempo e mantíñase a igualdade no marcador, con un Remax máis acertado, pero as boas actuacións do porteiro rival non nos permitían poñernos por encima no marcador, chegando ao minuto 10 con unha mínima diferenza de 1 gol. Tocaba pausa de hidratación e salía moi decidido o Atlántico a levarse o partido, con 2 moi boas accións individuais do seu lateral esquerdo e un moi bo traballo defensivo conseguían levala diferenza a 4 goles, a máxima do partido.

Quedaban 5 min e tocaba xogarse o partido para ver se podían os nosos rascar polo menos 1 punto ou apretalo encontro, subíamos a liña defensiva á media pista, conseguindo varios roubos de balón que rematábamos ben. Sen embargo os despistes froitos da tensión do momento facíannos cometer erros en defensa que non desperdiciaba o Atlántico e conseguía chegar ao final do encontro mantendo esa vantaxe de 4 goles.

Bo xogo o despregado polos nosos nenos do Remax Riazor, que siguen amosando o moito que progresaron.

Bm Culleredo Remax Riazor: 18 (7+11). Hugo (P), Felix (2), Jorge (4), Bruno, Mateo (2), Xoán (3), Diego (4), Roi (1), Iago, Mario, Álvaro (2), Bieito, Víctor.

Club Balonmano Atlántico: 22 (9+13). Pablo (7), Adrián (7), Diego (4), Roi (1), Juan, Enmanuel, Gonzalo (3).

Parciais: 1-2/3-4/3-4/5-6/7-9/ Descanso /10-12/13-14/13-16/15-19/18-22/Final

Colexiado: Iván Hernández e Renzo Martín. Sen complicacións.

Incidencias: Encontro correspondente á 5ª xornada da segunda fase de competición, liga prata infantil masculina grupo A. O encontro desputouse no pavillón de Valle Inclán.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *