Saltar ao contido

O BM.CULLEREDO TÉCNICOS 115 FOI CAPAZ DE COMPETIR ANTE O POTENTE LUCEROS, PERO NON DE CONSEGUIR A VITORIA

https://www.youtube.com/watch?v=V6-B1BOGQ2Y

O BM.Culleredo Técnicos 115, foi capaz de enfrontarse a un dos favoritos para proclamarse campión galego da categoría e competir ante o potencial do conxunto de O Morrazo. Os cullerdenses saíron sen ningún complexo e manexándose con soltura nas diferentes fases do xogo segundo o plan de partido, conseguían tratar de igual a igual aos locais. As igualadas a 5, a 8 e a 11 nos primeiros quince minutos da contenda, reflectían por si sós o bo facer dos foráneos. Foi a partir do meridiano e nun cúmulo de erros e descoidos fatídicos onde o BM. Culleredo Técnicos 115 comezaría a favorecer a vitoria do seu rival e é que tales fallos serían aproveitados polo BM. Luceros para asinar un primeiro parcial de 6-0 (17-11) que completaría ao peche do primeiro acto cun de 9-2 (20-13). En dez minutos cambiaba o panorama e agora as cousas estaban moi costa arriba para o equipo de Culleredo.

O tempo de descanso serviría para volver perfilar as ideas de xogo e matizar conceptos e así, os xogadores cullerdenses, aínda que non serían capaces de voltear o marcador, si o serían de recuperarse do pau dos minutos finais do primeiro acto e mostrar un espírito competitivo evidente ante o bo rival que tiñan en fronte. Iso levaría mesmo a conseguir un parcial de 22-22 neste segundo tempo e ofrecer unha recomposición do equipo encomiable despois da diferenza que os locais conseguiran ao termino do primeiros trinta minutos.

BM. Luceros: 37 (20+17). Pablo Rodríguez (2), Carlos Menduiña, Manuel Pérez (8), Pablo Fdez (1), Manuel Barreiro, Elias Aakcha, Víctor Manuel Costas (2), Yerom Alfaya, Rubén Augusto (3), José Manuel Meira (2), Alejandro Martínez, Iván Táboas (8), Gael Blanco (11).

BM.Culleredo Técnicos 115: 31 (18+14). Jorge (p), Oscar (p), Brais Pérez (3), Xoel Garrido, Martín ínsua (4), Pablo Gómez (5), Daniel Del Río (3), Guille Seijo, Nuno Loxo (6), Senén Garea (1), Mateo Díaz (2), Adrián Díaz (3), Guille Briones (1), Mateo Kidus, Iago Chao (2), Francisco García (1).

Parciais cada 5´: 2-5 / 5-8 / 8-10 / 9-13 / 12-15 / 15-18 /Descanso/ 18-23 / 20-25 / 21-27 / 24-29 / 25-30 / 27-32 / Final.

Colexiados: Abel Juncal e Catarina Adao. Fixeron un bo arbitraxe.

Incidencias: Eliminatoria correspondente a cuartos de final disputada no pavillón do Gatañal ante unas bancadas con pouca afluencia de público debido as restriccións pola pandemia COVID-19.

Fotos Do Partido:

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *