Saltar ao contido

O BM.CULLEREDO INDUTEC INGENIEROS BUSCARÁ ACCEDER Á FINAL FOUR POLA SEGUINTE VÍA

https://www.youtube.com/watch?v=0teDVIXmstU

O BM. Culleredo Indutec Ingenieros non conseguíu saír vitorioso do importante encontro que lles enfrontaba á Pizzería Baratto Luceros en O Gatañal. A pesar de comezar o encontro de forma sobresainte, sendo un auténtico vendaval para o seu adversario, (3-7 min 5, 6-11 min 9, 9-13 min 15), os cullerdenses comezarían a acumular diversos erros incomprensibles, especialmente no plano defensivo, feito que apertaría o marcador ao paso polo minuto vinte da primeira parte (16-17). Cambiaron entón as tornas e a partir de eiquí á crecente confianza dos locais, acompañáballe as inseguridades e dúbidas do Indutec Ingenieros. A igualdade reinaba agora na pista, con ambos os ataques impoñéndose a unhas defensas febles e irregulares que desembocaban nun marcador máis propio dun final de encontro cando remataba o primeiro acto (22-22).

Tras úns primeiros instantes de igualdade na continuación, serían os de O Morrazo os que asomarían a cabeza e conseguirían unha vantaxe de dous goles (29-27 min 40), un problema que resultaría definitivo para os de Culleredo, que aínda que puideron reducir a distancia á mínima expresión nun par de ocasións (30-29 min 45, 33-32 min 50), xa non foron capaces de dar a volta ao marcador.

A falta de dúas xornadas para a finalización desta segunda fase, o BM. Culleredo está clasificado de forma matemática como segundo de grupo e terá que disputar unha eliminatoria por conseguir o último billete de acceso á final Four. Dita eliminatoria disputarase dentro de tres semanas e enfrontará aos 3 segundos dos diferentes grupos e ao mellor terceiro. Antes diso, os cullerdenses deben de afrontar as dúas xornadas que quedan coa máxima concentración para mellorar Especialmente a fase defensiva e chegar a esas eliminatorias coas mellores sensacións.

Pizzería Baratto Luceros: 39 (22+17). Alexandre Gallego (1), Manuel Magdaleno (5), Abraham Martínez, Carlos Menduiña (7), Manuel Soliño (8), Pablo Fdez (8), Mauro Aevedo, Roque Díaz (2), Nicolás Millán, Rodrigo Camaño (4), Adrián Chapela, Isaías Mariño (4).

BM.Culleredo Indutec Ingenieros: 36 (22+14). Iván (P), Iago Bescansa (2), Xoel Insua, Marcos Regueiro (4), Lucas Sánchez, Javier Ansede, Adrián Pestonit, Nicolás Vázquez, Shaiel Costa (3), Nuno Loxo (8), Senén Garea (7), Álvaro Dieguez, Teo Calvo, Diego Del Río, Pablo Fariña (3), Samuel Seijas (9).

Parciais cada 5´: 3-7 / 6-11 / 9-13 / 16-17 / 20-18 / 22-22 /Descanso/ 26-26 / 29-27 / 30-29 / 33-32 / 36-34 / 39-36 / Final.

Colexiados: Catarina Adao e Abel Juncal. Fixeron un bo arbitraxe.

Incidencias: 8ª xornada da liga Ouro, Encontro disputado no pavillón O Gatañal de Cangas Do Morrazo.

Fotos do Partido:

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *