Saltar ao contido

Derrota axustada do Opemat

Nova xornada para os nosos rapaces do Bm Culleredo Opemat que se enfrontaban ao OAR.

Chegaban os nosos nenos con ganas de seguir competindo e amosando todo o traballo feito nos adestramentos ante o OAR, ao que xa nos enfrontáramos nun amistoso hai apenas 2 semanas.

Faríamos un bo primeiro cuarto, donde roubaríamos numerosos balóns coa nosa presión na media pista e cortaríamos en parte os bos ataques do OAR, sen embargo a gran actuación do porteiro rival deixaríanos sin premio neste primeiro cuarto.

No segundo e o terceiro cuarto o OAR pasaba xa a defender moito máis cerrado e non seríamos quen de atopalo camiño ao gol, cos nosos nenos moi estáticos e con moitas dudas de como poder atacala defensa cerrada proposta polos rivais. En defensa sí mostraríamos un bo nivel, pero a calidade dos xogadores do OAR permitíalles superarnos no 1x1 e a partir de ahí ter superioridade para ir a portería. Destacar que a pesares de ser xogadores en idade alevín, comezaban a verse axudas defensivas tras verse superados no 1x1 e boas intencións en defensa.

Xa no derradeiro cuarto, coas ideas máis claras en ataque, conseguiríamos abrir moito máis a defensa rival coa axuda do traballo dos nosos extremos e iríamos sendo quen de atopar outras solucións ante a defensa dos coruñeses, podendo gañar este cuarto.

Partido irregular dos nosos nenos, pero que van polo bo camiño, toca seguir adestrando e progresando!

Bm Culleredo Opemat: 6. Iván G., Hugo B., Adrián A., Alex S., Jorge A., Diego R., Jacobo G., Lucas P., Hugo N., Xoán S.

OAR Coruña: 10. Bruno A., Nicolás G., Carlos O., Marcos F., Tomás C. Isayas P., Jose R.

Parciais: 7-9 / 2-6 / 3-7 / 6-5

Incidencias: Encontro correspondente á 2ª xornada da liga alevín bm7 do grupo B. O encontro desputouse en Almeiras sen público debido ás restriccións pola COVID19.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *