Saltar ao contido

Previa da xornada!

Nova xornada de competición, na que competirán todos os nosos equipos dende categoría benxamín ata xuvenís. Xornada crítica a nivel competitivo para moitos dos nosos equipos que se xogan postos importantes na clasificación e a consecución dos obxetivos competitivos aos que aspiraban.

Os benxamíns xogarán en 3 pavillóns diferentes: Fogar, A Casqueira e Tarrío.

Mentras os 4 equipos alevíns terán xornada de liga entre eles a mañán do sábado en Tarrío.

O resto de equipos terán os seguintes encontros:

(Infantil fem.) BM CULLEREDO CANOSA ABOGACÍA VS BM BRIGANTIUM

Último partido na casa desta 2ª Fase de Prata con sabor a derbi contra as nosas veciñas da Coruña. Outra final para non baixala garda e non peder a concentracción para seguir no posto máis alto da táboa.

Domingo 18 de Abril ás 13:00 no Pavillón de Tarrío é a fecha marcada. Vémonos alí.

(Infantil masc.) CLUB BALONMANO ATLÁNTICO VS BM CULLEREDO REMAX RIAZOR

Os nosos rapaces do Remax Riazor enfrontaranse ao sempre duro Balonmán Atlántico nun partido no que esperamos poidan seguir coa súa boa dinámica e que sexa un partido competido!

O encontro terá lugar este sábado ás 12:00 no Pavillón Municipal de Valle Inclán.

(Infantil masc.) BM CULLEREDO CONSTRUPEREIRO VS BM RIBADOSAR

Este sábado á tarde en Almeiras o Construpereiro ten unha cita co BM Ribadosar, partido no que os nosos rapaces intentarán volver ao bo xogo amosado anteriormente e competilo partido ata o final.

Buscarán os nosos mellorala súa eficacia de cara á portería e recuperar sensación nesta penúltima xornada da liga de prata.

(Infantil masc.) PANADERÍA MONSERRAT BM PABELLÓN VS BM CULLEREDO SUTENOR

O BM Culleredo Sutenor desprazarase este domingo a Ourense para intentar mantela súa boa racha e sumar unha nova victoria. Para poder acadala deberemos mostrar claridade en ataque, buscando solución para atopalo camiño a portería ante o 5:1 rival e ser sólidos en defensa.

(Cadete fem.) BM LÍNEA 21 VS BM CULLEREDO FISIOTERAPIA BENESTAR

As nosas cadetes do Fisioterapia Benestar volverán a enfrontarse a un Bm Línea 21 que ven crecendo nos últimos encontros, polo que esixirán o máximo das nosas nenas.

As nosas rapazas buscarán unha nova victoria para mantela súa racha, que ata o de agora contan os seus partidos por victorias.

O partido desputarase o sábado ás 13:00 en Novo Mesoiro.

(Cadete masc.) PIZZERÍA BARATO LUCEROS VS BM CULLEREDO INDUTEC INGENIEROS

O BM. Culleredo Indutec Ingenieros disputará unha final en terras do Morrazo o vindeiro domingo. Os de Culleredo e o Luceros son os dous primeiros clasificados e virtualmente, o que consiga a vitoria farase co primeiro posto da clasificación e por tanto, co pase directo á Final Four do Campionato galego. Prevese un encontro emocionante onde o BM. Indutec Ingenieros deberá de mellorar as prestacións da súa retagarda e estar moi concentrados no balance defensivo. O ataque deberá de fuxir das accións individuais e será imprescindible que todos os xogadores colaboren ao seu mellor nivel. O partido será o Domingo e dará comezo ás 11:30h no pavillón de O Gatañal.

(Xuvenil fem.) BALONMÁN CHAPELA VS BM CULLEREDO RAFERGAL

O BM. Culleredo Rafergal viaxa este Domingo ao Concello de Redondela para enfrontarse ao conxunto que pecha a clasificación nestes momentos, o BM. Chapela. As xogadoras culleredenses non deben fiarse deste dato nin da contundente vitoria que conseguiron no partido de ida fronte ao mesmo equipo. Afrontar con seriedade e ambición o encontro, será clave para volver á senda da vitoria no inicio desta segunda volta. O equipo de Culleredo debe de minimizar custe o que custe os erros non forzados, que se están convertendo nun lastre en ocasións insalvable.

O envite dará comezo ás 10:30h e disputarase no Pavillón Municipal Manuel González Soto.

(Xuvenil masc) BM CULLEREDO BERMÚDEZ ULLOA VS RECA HOLLYWOOD SEIS DO NADAL               

Este sábado ás 19:30 os nosos xuvenís enfróntanse ao Sedona no municipal de Almeiras. Partido vital ante un rival competitivo, para seguir no primeiro posto da táboa e manter as boas sensacións das tres xornadas anteriores, das que saímos invictos.

(Xuvenil masc) LUCEROS VS BM CULLEREDO TÉCNICOS 115

O BM. Culleredo Técnicos 115, do mesmo xeito que os seus compañeiros cadetes, disputará unha auténtica final en Cangas fronte ao Luceros. O partido será o correspondente aos cuartos de final da categoría e por tanto, o vencedor conseguiría billete para a Final Four galega. O BM. Culleredo Técnicos 115 deberá de realizar un partido completo en todas as fases e ter un plan claro si desexa imporse a un excelente conxunto como o é o equipo de O Morrazo. O partido disputarase o Domingo ás 13:00h no pavillón de O Gatañal.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *