Saltar ao contido

COMPLICADO ENCONTRO PARA AS NOSAS ALEVÍNS

Segundo partido de Liga  e primeiro na casa, onde o BM. Culleredo Femenino recibía ao Cp. Lucense Masculino.

 No comezo do partido as nosas rapazas demostraron que viñan con ganas de loitar e ben se reflectiu na primeira metade do encontro onde a boa defensa e roubos de balón provocaron unha serie de ocasións e oportunidades de cara a portería rival; aínda que os erros nos lanzamentos e as boas intervencións do gardameta fixeron imposible acadar unha vantaxe no marcador.

Xa no terceiro e cuarto tempo o equipo rival non perdoou os erros en ataque, tanto en pases como en lanzamentos fallidos (e a pesar de que eles tamén os tiveron), conseguiron elevar a distancia no marcador, deixando as nosas rapazas sen oportunidade de tan sequera empatar.

Como punto positivo destacar a actitude inicial e a boa defensa, que a pesares do cansazo, foi moito mellor que no encontro pasado.

FORZA CULLE!!!!!

BM. Culleredo Femenino: 4 (1+1+1+1). Eva Outón, Lucía López (3), Antía Ferreño, Claudia Soto (2), Antía García, Nadia Martínez (1), Irene Rodríguez, Alicia Pérez.

Cp. Lucense Masculino: 12 (4+4+4+4). Lucas Díaz, María López, Álvaro Guerrero, Martín Alonso, Adrián Mosquera, Joaquín Álvarez, Víctor Arean, Laura Vázquez, André Fernández.

Parciais cada 10´: 2-5 / 2-6 / 1-8 / 1-6.

Colexiado: Pablo Manuel Barreiro.

Incidencias: Segundo partido de liga e primeiro que o Bm Culleredo Femenino disputa na casa. O encontro tivo lugar no Pavillón  Municipal de Almeiras e contou coa ausencia de público debido as restricións sanitarias actuais.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *