
Nova xornada para os nosos rapaces do Bm Culleredo ConstruPereiro que desta vez se desprazaban a Lugo para enfrontarse ao CP Lucense.
Chegaban os nosos a este encontro decididos a melloralo frouxo partido da semana anterior fronte ao Arteixo. Sen embargo sería un dos partidos máis frouxos da tempada, acabando con unha derrota tan inesperada como xusta vendo o xogo despregado por ambos equipos.
Dende o comezo, os nosos estiveron descentrados, cometendo erros defensivos moi evidentes e que os rapaces do Lucense souberon aproveitar. Ademáis, o mal posicionamento defensivo dos nosos facía que chegásemos tarde ás axudas e seríamos xustamente excluídos ata en 4 ocasións nesta primeira parte. Con esta dinámica discorría a primeira metade, con longos ataques do Lucense que acababa por provocar erros na nosa defensa iba conseguindo anotar con relativa facilidade, véndose soamente frenados un pouco pola correcta actuación da portería cullerdense. O marcador sería moi curto ao descanso (9-6), xa que ao acerto da nosa portería habería que sumarlle os claros fallos de lanzamento dos nosos rapaces solos ante o porteiro lucense. Lamentar nesta primeira parte a lesión de Hugo Vázquez, que torcía o xeonllo e deberá estar unhas semanas fóra das pistas para recuperarse.
Tocaba cambio de plans no descanso e pequena chamada ao orde para os nosos, buscando cambiala dinámica e mostralo noso verdadeiro xogo, cousa que parecía verse nos primeiros 10 min da segunda parte, mellorando na faceta defensiva e conseguindo varios goles saíndo con velocidade ao contragolpe. Aínda así seguiríamos estando moi despistados, perdendo balóns sinxelos e fallando ocasión manifestas de gol. Estaba o encontro apretado e chegaría o peor momento do noso ataque, cos xogadores moi estáticos e cheos de dúbidas, marcaríamos 1 único gol nos derradeiros 15 min do encontro.
Un encontro con moito que analizar, pero que non deixa de ser parte do aprendizaxe destos xogadores de idade infantil e que de seguro valerá como lección e aprendizaxe. Destacar moi positivamente a participación por primeira vez na tempada de 2 xogadores alevíns (Hugo Bermúdez e Xoán Canedo) na categoría infantil, que pouco a pouco poderán ir participando máis se siguen a traballar como ata o de agora.
Bm Culleredo ConstruPereiro: 13 (6+7). Adrián (P), Rubén (P), Teo, Fabián, Hugo, Noé, Nicolás A., Nicolás D., Josemi (6), Antón (7), Mateo, Hugo B., Xoán C.
CP Lucense: 17 (9+8): Pablo (3), Lucas (8), Martín, Adrián, Daniel, Enol, Hugo, Rodrigo, Samuel (4), Iván, Amir (2).
Parciais: 9-6/ Descanso /17-13/Final
Colexiado: Sergio Ríos Vázquez. Sen complicacións.
Incidencias: Encontro correspondente á 4ª xornada da segunda fase de competición, liga prata infantil masculina grupo A. O encontro desputouse no Centro Deportivo Terra.
