Saltar ao contido

Defensa e portería para seguir na loita polo título

Presentabase unha tarde do Sábado  con todos os ingredientes para desfrutar dun bo espectáculo de balonman., 2 bos equipos con moito en xogo na clasificación,  despliegue audiovisual da federación galega ( streaming, comentaristas , zona mixta,. . . ) e sobre todo a volta do PUBLICO o pabellón cullerdense .
Comezou o encontro cun ritmo trepidante,no que os ataques se impoñian as defensas durante os 10 primeiros minutos do encontro . O equipo visitante sempre dominando no marcador con vantaxes de 1 e 2 goles ata que chegados o minuto 15 o equipo cullerdense axustou a defensa e coa aportación da portería conseguía sumar goles sinxelo no contraataque. Chegamos o descanso dominando xa no marcador por 3 goles de diferencia  e dominando o encontro e todas as facetas do xogo.
Xa na segunda metade a situación ia  a ser a mesma , boas defensas para xogar tranquilos o ataque posicional e asi ir incrementando a  vantaxe . O MC360 POIO  costaballe moito encontrar ocasions claras de gol e cando o conseguía ia aparecer o noso porteiro RÖKKVI,  que con grandes paradas desesperaba os xogadores Pontevedreses.Chegados o minuto 50 e cunha renta de 8 goles o partido xa non tivo moita historia e o MC360 POIO puido recortar diferencias e non levarse unha derrotada moi abultada. Destacar o traballo de todo o equipo ante un duro e combativo rival pero sobre todo a labor baixo paos de RÖKKVI ( un escándalo o  partidazo do rapaz ).

Balonman Culleredo 26( 14+11) : Antonio, Javi (2),Pablo(1),Fran(1), Miguel (2) , Iago Franco (1),Rökkvi, Marcos (5),Daniel (4),Carlos (1),Alvaro (4), Giraldez,Iago Ferreiro(1), Diego (1), Mario(3) Dario

MC 360 POIO :Carlos,Alberto (6),Santiago(2),Daniel(2)Omar,Fernando (4),Enrique(3),José,Pedro(1),José Manuel,Martin (2), Alberto,Aitor,Alberto Alonso (1),Santiago Picallo

Parciais cada 5 minutos : 3-3/5-5/6-8/9-8/11-10/14-11 /Descanso/16-12/18-14/19-16/23-16/25-17/26-21 /Final

Colexiados : Pablo Barreiro e Christian Garcia

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *