Saltar ao contido

NOVA XORNADA EMOCIONANTE COS BENXAMINS

Nova xornada en Tarrio cos benxamins.Nesta ocasión nos visitaban os equipos de Carballo do Xiria , concretamente o Garaysa Xiria e o Óptica Auris .

O partido entre o BM Culleredo Seoane e Freire contra o Garaysa Xiria foi a favor dos visitantes cun marcador de 4-12 . Moi bó partido dos dous conxuntos que fixeron un gran partido, que a pesar do resultado, cada cuarto estivo moi emocionante.

Na outra pista colindante xogaba o mesmo tempo as nosas benxamins do Cristaleria Gestal. Enfrontábanse contra o femenino do Xiria Óptica Auris e  o marcador sería favorable aos visitantes , tamén por un 4-12.

No seguinte partido e xa adelantando a xornada, o Cristaleria Gestal enfrontábase o Garaysa Xiria que dominaría todo o encontro e levaríase o partido por un 4-12.

Pola contra o Seoane y Freire esta vez gañaría por 12-4 ao Óptica Auris.

Deixando os marcados a un lado, destacar a participación destes nen@s que disfrutaron moito desta xornada de balonmán, agradecer o Xira pola sua visita a esta xornada desputada no pavilló de Tarrío ,coa limitacion de aforo do público.

Forza Culle.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *