Saltar ao contido

Os continuos erros lastran o Rafergal.

Viaxaba o xuvenil femenino a casa do líder o Balonmán Tui.Xa dende o principio o partido parecía moi igualado pero os erros de lanzamentos e sobretodo 3 penalties seguidos fallados lastraron as nosas no marcador, xa que ainda na fase defensiva tamén tiñan erros.Uns erros que sumábanse as perdidas de balón en ataque , factor determinante en todo o partido .

Co paso dos minutos o bloque defensivo foise reestructurando, logrando roubos de balóns, utilizando tanto un sistema 6:0 como un 5:1.Isto dáballe folgos as nosas que acababan a primeira parte a un gol do equipo local e cunhas sensación moi boas para afrontar a segunda metade.

A segunda parte comezaba outra vez con varios erros de pase seguidos que volvían a perxudicar a nosas xuvenís do Rafergal, outra vez o Culle tiña que remar para poder volver a loitar o partido, e isto ía suceder unha vez máis, as do Rafergal centrabánse para poder remontar o partido pero unha vez máis era un espellismo xa que novamente os erros de pase en ataque penalizaban o equipo visitante e despois de tantos erros nesta faceta o Tui non perdoaba e levabase moi merecidamente os dous puntos desta xornada.

Toca traballar e seguir evolucionando para os seguintes partidos.

Forza Culle.

Balonmán Tui(12+12):Ines Martinez, Noelia Deza,Lucia Troncoso(5),Alba de Marcos,Aida Lorenzo(3),Alexandra Lemos(4),Lucas Perez(3),Uxia Valcarcel,Carolina Loureiro(3),Sabela Vazquez(6).

Balonman Culleredo Rafergal(11+11):Diana Dozo,Carla Bello,Marina Rodriguez,Aitana Tasende,Adriana Antonio,Anheliz Alexander(2),Lucía Ponte,Paula Valdemoro(8),Candela Puga,Carla Estraviz,Lucía Sanchez(2),Carlota Rodriguez (8),Marta Valdemoro(3)

Parcial cada 5 minutos:2-2/5-4/7-4/9-4/11-7/12-11/14-12/17-14/19-17/24-18/22-22/24-22

Arbitros:. Alfonso Canitrot,Diego Rivera.

Incidencias:5ª xornada da liga prata xuvenil femenina.Con limitación de aforo no Pavillon municial nuevo Tui.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *