Saltar ao contido

O BM. CULLEREDO TÉCNICOS 115 CERTIFICA A TERCEIRA PRAZA E CLASIFÍCASE ENTRE OS OITO MELLORES DE GALICIA

O BM. Culleredo Técnicos 115 ratificou a terceira praza do seu grupo e clasificouse para os cuartos de final da categoría. O encontro ante o Balonmán Porriño comezou co conxunto foráneo moito máis metido en faena e co primeiro parcial de 0-2 os visitantes, que cerraban a clasificación, facían ver que se tomaban moi en serio a confrontación. Reaccionarían entón os cullerdenses e sacando rendibilidade á parcela defensiva, asinarían un parcial de 8-2 a través de rápidas transicións que lles poñería en cómoda vantaxe no meridiano (8-4). O BM. Culleredo Técnicos 115 seguiría aumentando as prestacións co paso dos minutos para dominar e cerrar virtualmente o encontro cun 20-13 ao descanso.

Un novo comezo titubeante e irregular na continuación facía posible que o BM. Porriño reducise dous goles de diferenza (22-17), pero non tardarían os locais en volver quentar motores para imprimir un maior ritmo e terminar o envite nun momento álxido de xogo, impoñendose ao conxunto porriñés por unha ampla diferenza e conseguir eses ansiados dous puntos que lles permite estar xa, por dereito propio, entre os oito mellores conxuntos de Galicia.

BM.Culleredo Técnicos 115: 37 (20+17). Jorge López (P), Brais Pérez (2), Xoel Garrido, Martín Ínsua (9), Pablo Gómez (4), Daniel Del Río (4), Mateo Díaz (3), Guillermo Seijo (2), Adrián Díaz (2), Nuno Loxo (5), Senén Garea (3), Francisco García (3).

Balonmano Porriño: 24 (13+11). Eloy Fdez (3), Martín Guerreiro (2), Javier Varela (2), Brais Martínez (3), Samuel Rodríguez, Antonio García, José Domínguez, Oscar Basconcello (2), Sergio Martínez, Martín González, Iván Pérez (8), José Vicente (2), Leonardo Antunes (2), Xavier Domínguez, Nicolás Giráldez.

Parciais cada 5´: 0-2 / 3-3 / 8-4 / 11-6 / 16-20 / 20-13 /Descanso/ 22-17 / 25-19 / 27-20 / 30-22 / 33-24 / 37-24 / Final.

Colexiados: Pablo Barreiro. Sen complicacións.

Incidencias: Partido correspondente a derradeira xornada do grupo B da liga Ouro xuvenil masculina, disputado no pavillón de Almeiras.

Fotos Do Encontro:

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *