Saltar ao contido

O BM.CULLEREDO INDUTEC INGENIEROS SEGUE NA LOITA POLOS PRIMEIROS POSTOS

O BM. Culleredo Indutec Ingenieros conseguíu unha nova vitoria na liga ouro, esta vez no pabellón de Tarrío coas cámaras da FGBM como testemuña e coa grata noticia da volta de público ás bancadas do municipal cullerdense.

Tras uns primeiros minutos de intercambios de goles e onde as defensas non conseguían axustarse (4-4 minuto 5), o Indutec Ingenieros conseguiría a primeira vantaxe cun 6-2 de parcial (10-6) e mantería o seu dominio ao longo dos minutos restantes. Con innumerables rotacións e a participación de todo o grupo a bo nivel, os de Culleredo contaban cunha cómoda vantaxe ao descanso (22-14), que reflectía a superioridade local fronte ao equipo de primeiro ano de Cangas que estaban a competir de forma meritoria.

Por uns camiños similares transcorrería o segundo acto, co Indutec Ingenieros impondo o seu xogo e superioridade física e os foráneos competindo e non baixando os brazos a pesar da amplitude da diferenza que reflectía o electrónico. Ao final do sesenta minutos, o 42-30 deixa ao BM. Culleredo Indutec Ingenieros en disposición de trasladarse a semana que vén a Cangas para disputar o primeiro posto ante o outro conxunto da localidade, a Pizzería Baratto Luceros, unha auténtica final que virtualmente daría a primeira praza ao vencedor e por tanto o pase directo á Final Four da categoría.

BM.Culleredo Indutec Ingenieros: 42 (22+20). Iván (P), Javier Ansede, Iago Bescansa (1), Xoel Insua (1), Marcos Regueiro (4), Lucas Sánchez (5), Nicolás Vázquez (3), Shaiel Costa (1), Nuno Loxo (12), Senén Garea (2), Álvaro Dieguez (1), Teo Calvo, Diego Del Río (1), Juanfran Pazos, Pablo Fariña (5), Samuel Seijas (6).

Talleres Lontreira BM.Cangas: 30 (14+16). Hugo Portas, Lucas Jiménez, Gael Pais (2), Alejandro P. Juárez, Mauro Sotelo (2), Eloy Pérez (1), Antonio Rodal (2), Borja Fdez, Gabriel Miranda (5), Hector Da Cunha (6), Alexandre Dovhanyk (2), Eloy Domínguez (10).

Parciais cada 5´: 4-4 / 10-6 / 12-9 / 15-10 / 20-13 / 22-14 /Descanso/ 28-18 / 31-21 / 35-21 / 37-25 / 40-27 / 42-30 / Final.

Colexiados: Pablo Barreiro e Christian García.

Incidencias: 7ª xornada da liga Ouro. Encontro disputado no pavillón de Tarrío que por primeira vez puido contar con público, aínda que con pouca capacidade por mor das restriccións COVID.

Fotos Do Encontro:

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *