Saltar ao contido

XORNADA BENXAMÍN EN NOVO MESOIRO.

Este sábado pola mañán, os nosos equipos benxamíns de 'Bahía edicións' e 'Despreocúpate', desprazábanse ao pavillón de Novo Mesoiro para desputar, ambos, dous encontros ante o CP Lucense e o Línea21. Os dous equipos desputaron partidos de moito nivel, loitando cada balón como pequenos guerreiros e mostrando todo o que levan adestrado. Sen dúbida, puidemos observar o que melloran día a día estes rapaces.

Os dous primeiros encontros foron entre o 'Despreocúpate' e o CP Lucense, e o Bahía Edicións fronte o Liña21. No primeiro, os rapaces de Vilaboa perdían 7-9 nun partido vibrante, no que os nosos eran capaces de gañar un tempo e empatar outro con moita entrega e pelando cada balón coma se fose o último. Por outra banda, os nosos de Bahía Edicións, eran capaces de antepoñerse ao liña 21, 12 puntos a 4, nun partido sen moitas complicacións.

Nos dous seguintes, ao 'Despreocúpate' tocáballe xogar contra o liña21, nesta ocasións os nosos acadaron un 12-4 no marcador, amosando máis entrega se cabe que no encontro anterior, cun xogo combinativo moi rápido dende o saque de portería, dende o cal, con tan só dous pases chegaban con comodidade a portería rival. O 'Bahía edicións', tocáballe agora un rival máis duro de roer, o CP Lucense. Partido de moitísimo nivel, cun ritmo moi apasionado para ambos conxuntos. Destacou, sen dúbida, a intensidade defensiva por ambos bandos. Ao final acadamos un importante empate que deixounos ca mel nos labios, 8-8.

Os rapaces desfrutaron doutra xornada máis de balonmán, da que seguro levaranse novos aprendizaxes. Todos amosaron gañas, loita e moita felicidade nesta gran xornada de balonmán. Noraboa a todos polo esforzo deste sábado, sodes uns cracks!!!!!!!!!

Seguimos crecendo, seguimos mellorando.

FORZA CULLEEEEEEEEEEEEEEEE !

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *