Saltar ao contido

VICTORIA AGRIDULCE DO CANOSA ABOGACÍA

O Balonmán Culleredo Canosa Abogacía levou a cabo un complicado partido contra o Balonmán Xallas F.C onde o gañador permaneceu descoñecido ata o asubio final. O descanso da semana pasada parece que pasou factura e foi posible gañar pola mínima.

O Culle suma unha nova vitoria que o fai medrar no grupo C da Liga de Prata. Agora quedan dous partidos para rematar esta fase e será necesario coller forzas para o tramo final da tempada.

Parecía que o tempo non corría e os goles non daban pé ao marcador. Unha primeira metade marcada polos continuos erros de pase e os tiros esaxerados á portería, presaxiaban que o xogo podía ser tanto para o equipo local como para o de Culleredo. Os goles foron respondidos de inmediato polas xogadoras do Xallas, polo que ningún dos dous equipos conseguiu escapar no marcador. As primeiras vantaxes non se reflectiron ata os primeiros minutos da segunda parte para prol de Canosa Abogacía. A partir dese momento, tanto a primeira linea do rival como do Culleredo conseguiron unha vía de escape e apareceron as accións de 1x1 e pase o pivote e extremos desdobrados, que xa tiñan máis dificultades para atopar opcións de tiro, polo que era cuestión de puntería que entrara o balón ou non na rede dos tres paus. Cando Canosa Abogacía defende e pode correr, mostra a súa mellor cara.

Estaba claro que o Culleredo non estivo cómodo durante todo o partido e isto reflíctese no marcador con poucos goles afeitos a unha media máis alta por partido. Hoxe mostrouse a cara B do equipo pero aínda así conseguiron os 2 puntos para seguir líder da competición

O equipo cullerense abandonou o vestiario para afrontar a segunda parte con enerxía e con dous goles, puxeron a máxima vantaxe do choque, diferenza que se mantivo co paso dos minutos, logrando pausar o ritmo do xogo. Pero a caída do ritmo de pulsacións, provocou unha falta de precisión no xogo ofensivo, que volvía a meterlle picante o xogo a falta de cinco minutos para o final. Xallas empatou o partido no último minuto e Culle nunha última acción con pouco tempo anotou o gol da vitoria sobre a bocina.

BALONMAN XALLAS F.C. 10 (6+4): NOELIA GARCIA BARBEIRA (3) ,DANIELA SUAREZ ANTELO (5) ,ANDREA MOURO CASTRO CARLA BLANCO AGULLEIRO ( 2), PAULA GARCIA SUAREZ PAULA NOVO PAZOS NOA MARIÑO CASTRO

BALONMAN CULLEREDO CANOSA ABOGACIA 11 (6+5): SOFIA GONZALEZ ROMERO (3), CARLA MUIÑO CANCELA (1), LUCIA INES CORTEGOSO REY (1) ,TIRSA SUAREZ GIL (1), AROA BARBEITO CASAS, MARIA BESCANSA ALCOBA (2) ,ALBA PEDREIRA LOPEZ, LEIRE BARBEITO CASAS, PAULA PETEIRO VAZQUEZ (2 ), LUCIA MARTINEZ LABRADOR, AROA GARCIA PENA (1)

ÁRBITROS: Non se presentaron e se designó por mutuo acordo de ambos clubs, o delegado do equipo local

Parciais cada 5´: 0-1/1-1/2-1/5-5/6-6 Descanso 6-9/6-10/8-10/9-10/10-11 Final

Incidencias: Xornada 4ª da segunda fase Liga de Prata grupo C celebrada no Pavillón Fontenla . Con 30 persoas aproximadamente de público debido ás restricións do protocolo COVID 19.

Fotos do partido cortesía de Marta Alcoba

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *