Saltar ao contido

Gran victoria do Bermúdez Ulloa no Rosal.

Este domingo os nosos xuvenís do Bermúdez Ulloa visitaban ao histórico Atletico Novás. Duelo vibrante dende o comezo ata o asubío final, no que os nosos saíron victoriosos pola mínima acadando o primeiro posto da táboa con moita solvencia.
Os desaxustes defensivos que provocaba o rival na nosa defensa 5.1 pola falta de vasculación, facía que non acadesemos o empate ate o minuto 20 da 1a metade. Malia iso, o noso ataque foi quen de sorprender a defensa rival todo o encontro, fumos capaces de atacar aos espazos e continuar o balón, con solvencia e comodidade. O tempo morto pedido polo noso adestrador para axustar esos erros defensivos, cargaba as pilas dos nosos, acadando un resultado favorable de 3 tantos de diferenza no final da 1a metade.
A tónica do segundo tempo, foi en liña ascendente, os nosos cada vez máis comodos e fortes na defensa ían acadando rendas de ata 6 tantos. Pero non todo ía a ser tan sinxelo. Dominamos o marcador toda a segunda metade, pero o agotamento físico dos nosos era aproveitado polo rival, impoñendonos un parcial de 5-1 nos últimos cinco minutos do encontro, facéndonos sufrir ata o final, cun resultado favorable de tan so un tanto.
Partido moi competido no que os nosos apretaron os dentes ata o final. Noraboa polo esforzo rapaces. Estamos na liña ascendente. Seguimos!!!!
FORZA CULLEEEEE

GOLES
Guille Briones 11
Gon 1
Kidus 2
Alexo 2
Puga 2
Bercansa 1
Chao 6
Fariña 2
Del Busto 1

PARCIÁIS CADA 5'
4-2, 7-5, 9-6, 10-10, 11-12, 13-16, 16-19, 17-21, 18-24, 21-26, 23-28, 28-29

ARBITRAXE
Oscar Fernández Rodríguez

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *