Saltar ao contido

Previa da xornada!

Nova xornada de competición, con ata 25 partidos para o noso clube. Volven á competición xa por segunda xornada consecutiva os máis pequenos do clube, que poderán seguir a disfrutar do balonmán e da competición tralo largo parón. Por outra banda, no resto de categorías teremos múltiples enfrontamentos de intensidade e xa con relevancia a nivel clasificatorio, chegando prácticamente todas as categorías á súa fase final. Se embargo, o partido destacado desta xornda é o senior masculino, no que o Culleredo buscará gañarlle ao Poio para así sacar vantaxe na loita polo título a falta de tan so 2 xornadas!

(Infantil fem.) BALONMÁN XALLAS FC VS BM CULLEREDO CANOSA ABOGACÍA

Comeza a segunda volta para o BM Culleredo Canosa Abogacía e con ela a defensa dese primeiro posto acadado na primeira rolda. Agardemos que as vacacións de Semana Santa non pasen factura e traian os dous puntos a casa. Nesta ocasión o partido será o Domingo 11 de Abril ás 12 no Pavillón Fontenla de Santa Comba

(Infantil masc.) CP LUCENSE VS BM CULLEREDO CONSTRUPEREIRO

Os nosos infantís do Bm Culleredo ConstruPereiro desprázanse este sábado de tarde a Lugo para enfrontarse a un CP Lucense que ven en racha, conseguindo bos resultados nesta Liga de Prata. O partido prevese intenso ata o final, con unha dura defensa cerrada los Lucense que intentarán pórnolo o máis difícil posible e un ConstruPereiro que a pesares de non facer partidos moi bos últimamente veñen motivados e adestrando a un moi bo nivel.

(Cadete masc.) BM CULLEREDO INDUTEC INGENIEROS VS TALLERES LONTREIRA BM CANGAS

O BM. Culleredo Indutec Ingenieros terá que afrontar de novo outra final da que debe de saír vitorioso si quere seguir aspirando ao primeiro posto da clasificación. O encontro disputarase o vindeiro sábado ás 19:30 no Municipal de Tarrío e os de Culleredo esperan conseguir dous puntos vitais e ao mesmo tempo mellorar a imaxe da fin de semana pasada no Rosal, encontro no que o equipo non estivo do todo inspirado a pesar de conseguir alzarse coa vitoria. Espérase unha melloría do conxunto local en todas as facetas do xogo e unha maior eficacia e precisión nos lanzamentos e pases para non pasar apuros ante un equipo que no partido de ida xa se mostrou combativo desde o inicio.

(Xuvenil fem.) BM TUI VS BM CULLEREDO RAFERGAL

O BM. Culleredo Rafergal viaxa este sábado a Tui para enfrontarse ao conxunto que comanda a clasificación nestes momentos, o BM. Tui. O labor das cullerdenses é ambicioso, xa que parten coa ilusión de completar un gran partido e sumar dous puntos que lles coloquen a só un do seu rival. Nunha liga que esta sendo tremendamente igualada e cuxa clasificación está moi apertada, o equipo de Culleredo espera seguir coa súa regularidade no xogo e conseguir unha vitoria que as manteña con miras nos postos altos da clasificación.

O envite dará comezo ás 17:00h e disputarase no Pavillón Municipal Novo Tui.

(Xuvenil masc) ACANOR NOVÁS VALINOX VS BM CULLEREDO BERMÚDEZ ULLOA                  

Este domingo ás 12 da mañá, o noso equipo xuvenil Bermúdez Ulloa enfrontarase a domicilio ante un forte e histórico Atlético Novás. Partido pola disputa dos primeiros postos da clasificación, sen dúbida será un partido intenso e competido dende o comezo ata o final. Imos Culle!

(Xuvenil masc) BM CULLEREDO TÉCNICOS 115 VS BALONMANO PORRIÑO

Coa última xornada desta segunda fase en horario unificado (Domingo 12:30), o BM. Culleredo Técnicos 115 recibe ao BM. Porriño no pavillón de Almeiras coa ambición de mellorar no seu xogo e conseguir unha nova vitoria. Coa tranquilidade do terceiro posto asegurado e o pase aos cuartos de final da competición, os cullerdenses tentarán poñer unha marcha máis e mellorar en canto ao ritmo de xogo despois de semanas sen competir. Do mesmo xeito, antóllase imprescindible unha maior regularidade no xogo e disciplina táctica no posicional para conseguir unha vitoria que satisfaga e deixe boas sensacións no plantel.

(Senior masc) BALONMAN CULLEREDO VS MC360 POIO ARTAI

Esta fin de semana o equipo senior enfróntase na penúltima xornada de liga ao MC360 Poio Artai, de Pontevedra, o Sábado as 17:00 en Tarrío. A falta de dúas xornadas para o remate da liga estos dous equipos e o Asmubal Meaño estamos empatados a puntos na loita pola primeira praza, que da dereito a xogar a fase de ascenso á Primeira División Nacional.

Vai a ser o primeiro partido con público logo de un ano de pandemia, polo que as ansias de ver ao equipo senior en directo son altas, de seguro que o partido non defraudará e se poderá ver un bonito encontro.

Podes podes reservar GRATUÍTAMENTE a túa entrada para vir animar aos senior no seguinte link:

https://app.cluber.es/clubes/cac6d7c71c2494f6726270aa45dd3fe7929f07f2/pagos/bc4413816e8293a545d8c3851cdb7a9c82adafe3

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *