Saltar ao contido

Doble victoria para o `Bermúdez Ulloa´ con moi boas sensacións.

Nesta Semana Santa, os nosos xuvenís `Bermúdez Ulloa´, desputaron dous partidos aprazados, correspondentes as xornadas unha e dúas da liga prata.

Poio mc360 16 - 44 Bm Culleredo

O venres, tocabanos ir a Poio, un partido sen moitas complicacións no que os nosos dominaron con contundencia o marcador dende o comezo. Plantezando unha defensa 5.1 durante todo o encontro, os nosos robaban sucesivos balóns que remataban en rapidos contraataques en primeira e segunda oleada con éxito, o que nos permitía meternos no encontro e distanciarnos no marcador. A tónica de todo o partido foi a mesma, a intensidade no trabajo defensivo foi constante, xunto coas transicións rápidas a porteria e así pouco a pouco íamos conseguindo unha diferenza no marcador dificil de superar.

Destacamos a intensidade, a loita e a entrega de todo o conxunto, que pese a ir dominando no marcador dende o comezo, foron quen de non relaxarse nin un mínimo e rematar o partido con autoridade e solvencia.

GOLES

Kidus 4, Chao 7, Briones 12, Gon 3, Puga 5, Alexo 3, Fariña 3, Gerpe 3, Guillem 2, Eloy 1.

ARBITRAXE

Wallace Moreira e Cesar Díaz

PARCIAIS CADA 5'

2-3, 4-5, 5-8, 6-12, 7-15, 8-18, 10-22, 12-35, 12-32, 14-36, 14-41, 16-44

Bm Culleredo 28 - 25 SAR Redondela

Este domingo, para rematar a semana Santa, tocounos recibir a un complicado e histórico SAR, nun partido moi competido e loitado ata o final.

O partido dende o comezo amosou bastante igualdade entre ambos conxuntos, pero o rival non ía poneñelas cousas sinxelas, dominando no marcador practicamente toda a primeira metade con rendas de un e dous goles. Os nosos, sen renderse en ningún momento, conseguiron empatalo encontro no minuto 25, e unha acción de pase directo de contraataque, facía que rematase a primeira metade un tanto arriba. Fieis ao noso esquema defensivo 5.1 e cunha presión constante nos 9 metros, provocabamos moitas dudas no ataque rival , así pouco a pouco os nosos íanse sentindo máis cómodos e dominantes nos seis metros o que se traducía en transicións rápidas de contraataque. A motivación e as gañas de loita ían avanzando, e así foi como dominamos toda a segunda parte acadando rendas de hasta 4 goles para rematar o encontro 28 a 25 a favor dos nosos rapaces.

Noraboa polo gran esforzo deste finde, seguimos mellorando.

FORZA CULLEEEE!!!!

GOLES

Briones 9, Kidus 6, Chao 3, Alexo 1, Gon 5, Iago 1, Gerpe 2, Guillem 1.

ARBITRAXE

Iván Hernández e Hector Piñeiro

PARCIAIS CADA 5'

3-4, 5-8, 8-9, 10-11, 12-12, 15-14, 17-15, 18-17, 20-19, 24-20, 26-22, 28-25

GALERÍA DE IMAXES

https://photos.app.goo.gl/sFXhb5HKMBDhsxP76

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *