Saltar ao contido

O DERBI PROVINCIAL VAISE PARA TERRAS CULLERDENSES

Novo derbi provincial o xogado en Novo Mesoiro,no que o Fisioterapia Benestar foi superior sobre todo na faceta defensiva.

Comezaba o partido e o equipo visitante marcaba o ritmo en defensa, accións positiva nesta fase facían que o Culle realizara continuos contrataques e en consecuencia unha brecha no marcador.

Na fase ofensiva  destacar por momentos as  dificultades de superar a defensa 6:0 do Brigantium ,ainda así mediante accións individuais se conseguía o gol.

Na segunda metade o equipo local encontrou maior eficacia no ataque e solidez defensiva xa que as cullerdenses non lograban estar cómodas en ataque , e cometían certos erros en defensa.

Unha vez correxido os erros en ataque , o equipo visitante cambiu de mentalidade e empezou a realizar moi boas acción de xogo colectivo que acadarían en sendos goles para seguir mantendo a renta no marcador.

Na fase defensiva o equipo mellorou no ultimo cuarto da segunda metade, e isto e as paradas de Aroa facian unha nova victoria para o equipo de Culleredo que ponse como líder en solitario no seu grupo.

Forza Culle.

BM Culleredo: (19+15): Aroa Barbeito,Carla Bello(11),Marina Rodriguez (9), Carla Muiño(1),Aitana Tasende (3), Nadya Folgueira(1), Carla Estraviz (2), Paula Peteiro,Valentina Martinez(1),Carlota Rodriguez (6),Carla Muiño, Tirsa.

BM Brigantium :(7+18): Sara Seijo(1),Sofía Guerreiro (2),Marina Gomez(1),Xoana Rodriguez(2),Azuzena Reboredo(1),Celira Reboredo(2),Marta Rodriguez(1),Natalia Martinez(6).

Parcial cada 5 minutos:1-3/1-7/2-11/4-13/6-15/7-19/11-21/13-24/14-27/16-29/17-32/18-34

Arbitros:. Iván Hernandez, Renzo Martin

Incidencias: 5ª xornada da liga Ouro grupo B , disputado no Pabellón de Novo Mesoiro, con limitación de entrada para o público , polas restricciones do protocolo COVID 19.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *