Saltar ao contido

O BM.CULLEREDO INDUTEC INGENIEROS PRESENTA AS SÚAS CREDENCIAIS

O BM. Indutec Ingenieros liquidou con éxito o compromiso crucial que tiña ante o Carnes Doribeiro-Ourense Provincia Termal. Os dous conxuntos xogábanse no envite de hoxe reinar nesa segunda praza da clasificación en solitario e seguir de preto o liderado que na actualidade está en máns do Cangas Pizzería Baratto Luceros.

Non deron alternativa ao seu rival os de Culleredo, establecendo un 11-3 nos primeiros dez minutos que xa fixo imposible a remontada dos visitantes, a pesar da mellora evidente destes na última parte do primeiro período que deixaría o marcador cun parcial de 23-16 no tempo de descanso.

O BM. Culleredo Indutec Ingenieros entrou ao segundo acto con irregularidade, a mesma que evidenciara nos últimos minutos do primeiro tempo e isto fixo posible que os Ourensáns se viñesen un tanto arriba. A diferenza era cómoda, pero a intensidade e o acerto defensivo virara radicalmente e agora sementábanse certas dúbidas na retagarda local. Pasaban os minutos e os cullerdenses non tardarían en reencontrarse de novo coas mellores sensacións, demostrando un estado físico sobresainte e rematando nun punto álxido o envite, xusto cando o rival chegaba á reserva da súa enerxía. Como consecuencia, cun parcial de 13-4 no último cuarto, rematábase a faena e facíase ademáis de forma contundente para seguir na loita co Luceros por esas primeiras prazas.

BM.Culleredo Indutec Ingenieros: 47 (23+24). Javier Ansede (p), Iván Manzo (P), Iago Bescansa (5), Xoel Ínsua, Marcos Regueiro (3), Lucas Sánchez (3), Nicolás Vázquez, Nuno Loxo (11), Senén Garea (11), Álvaro Dieguez, Teo Calvo (1), Samuel Seijas (5), Diego Del Río (1), Juanfran Pazos (2), Pablo Fariña (5), Adrián Pestonit.

Carnes Doribeiro-Ourense Provincia Termal: 27 (16+11). Jorge Araujo (1), Omar Baye, Miguel Cortes, Anxo Durán, José Estevez (1), Mateo González (2), Daniel Carlón (1), Manuel Villalba (11), Nuno Rozas (2), Aaron Hermida (4), Simón Rivela (5).

Parciais cada 5´: 5-2 / 11-3 / 15-7 / 17-12 / 20-14 / 23-16 /Descanso/ 26-19 / 32-23 / 35-23 / 37-23 / 41-24 / 47-27 / Final.

Colexiados: Ángel Mateos e Manuel Pazos. Sen complicacións.

Incidencias: 5ª xornada da liga Ouro (Grupo B) en categoría cadete masculino disputada no pavillón de Almeiras, aínda que sen público debido as restriccións pola pandemia COVID-19.

Fotos do encontro:

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *