Viaxou o equipo senior o domingo polo mañan O Rosal para disputar a 4° xornada da fase polo titulo.
O comezo do partido o equipo saiu moi centrado e basándose nunca forte defensa e saidas rápidas nas transicions acadábamos goles con facilidade.chegamos o minuto 25 con vantaxe de 7 goles pero 2 perdas de balón foron aproveitadas polos rosaleiros para reducir a vantaxe e asi chegamos o descanso con + 5 no marcador.
Tras o paso polo descanso , 2 exclusions consecutivas favoreceron que o equipo local se achegara ata o 3 tantos de diferencia.Unha vez recuperada a igualdade volvemos a coller intensidade na defensa para frenar o Acanor Novas, no ataque xogando con moito criterio acadabamos boas accions para poder finalizar dende os 6 metros ou en lanzamemtos de proximidad dos nosos 1 ° liña.Afrontamos os últimos 10 minutos dominando por 6 goles , xogamos ben co tempo e a vantaxe que traíamos para así finalizar tranquilos o partido.
Destacar o bo partido do equipo onde os 16 xogadores aproveitaron e aportaron o tempo que estiveron no 40 x 20.
Acanor Atlético Novas 26 (14+12) : Yasir, Carlos (6),Manuel (1),Santiago, Carlos Barbosa (1),Pablo(4),Marcos(1),Adrian(1),Jorge, Iago(2),Jorge Vicente (1),Gabriel(5),Aitor(4)
Balonman Culleredo 31( 19+12) : Antonio, Javi (2),Pablo, Angel, Miguel (7) , Iago Franco (4),Rökkvi, Marcos (4),Daniel (1),Carlos (2),Alvaro (5), Iago Ferreiro(4), Diego (1), Mario, Dario, Fran (1)
Parciais cada 5 minutos : 2-3/4-7/5-8/7-11/10-17/14-19/17-20/19-22/22-27/23-30/26-31
Colexiados : Cesar Diaz e Carlos Manuel Alonso .Estiveron ben e souberon xestionar as situacions mais comprometidas.