Saltar ao contido

Previa da xornada!

(Infantil masc.) ASMUBAL MEAÑO VS BM CULLEREDO SUTENOR

Viaxa o noso equipo infantil do Bm Culleredo Sutenor a Meaño para desputala 5ª xornada da liga de Ouro. Toca desta vez vez enfrontarse ao Meaño, nun partido no que esperamos que poidamos seguir vendo o gran nivel defensivo dos anteriores encontros e traernos de volta a Culleredo 2 novos puntos.

(Infantil masc.) BM CULLEREDO CONSTRUPEREIRO VS REPRINT ARTEIXO BM

Desta vez tócalle ao ConstruPereiro enfrontarse aos veciños do Arteixo, un partido que se prevé duro, con 2 defensas contundentes. Trala derrota a semana pasada, o ConstruPereiro quere volver a sumar unha victoria e loitar pola segunda praza desta liga de prata.

(Infantil masc.) BM CULLEREDO REMAX RIAZOR VS BM RIBADOSAR

Os nosos rapaces do Bm Culleredo Remax Riazor enfróntanse este domingo en Almeiras ao Bm Ribadosar, equipo que a semana pasada conseguía un bo resultado contra o Xiria, polo que de seguro que será un duro rival para os nosos rapaces. O Remax Riazor chega a este encontro nun moi bo momento de xogo e coa motivación alta trala victoria a semana pasada, de seguro que haberá loita ata o final polo partido.

(Cadete fem.) BM BRIGANTIUM “B” VS BM CULLEREDO FISIOTERAPIA BENESTAR

As nosas rapazas enfrontaranse este domingo ao Brigantium, tralo gran esforzó feito a semana pasada coa dobre xornada, volverán á normalidade esta fin de semana nun partido que buscarán convertir na 4ª victoria consecutiva do Fisioterapia Benestar nesta liga de prata.

(Cadete masc.) BM CULLEREDO INDUTEC INGENIEROS VS CARNES DO RIBEIRO-OURENSE PROVINCIA TERMAL

O BM. Culleredo Indutec Ingenieros recibirá o próximo domingo en Almeiras ao Carnes Do Ribeiro-Ourense Provincia Termal. O encontro, que dará comezo ás 10:00h, cobra especial importancia ao estar a segunda plaza da clasificación en xogo. Os locais son actualmente segundos con 6 puntos, mentras que os Ourensás se sitúan na terceira posición con un punto menos. Será polo tanto un duelo vital para os dous conxuntos, no cal os cullerdenses deberán sair moi concentrados para facer do factor locatario un aliado. O nivel que deberá de mostralo Indutec será o máis alto, en donde as cuatro fases do xogo funcionen en perfecta sintonía: a retaguardia deberá de selo bastión en donde se semente unha posible victoria, permitindo desplegala velocidade na primeira e segunda oleada. No posicional, deberase de incidir nun xogo móvil, dinámico, colectivo, en donde a circulación do balón se efectúe a gran velocidade e cada xogador se mostre sempre peligroso nas súas accións cara a portería contraria. Un bo repliegue e a ausencia de errores que faciliten a recuperación de balón aos visitantes, serán os puntos que completen un xogo regular para imporse neste choque tan importante.

(Xuvenil fem.) BM CULLEREDO RAFERGAL VS CORETI LALÍN

O BM. Culleredo Rafergal recibirá o próximo sábado en Almeiras ao Coreti Lalín. O encontro dará comezo ás 13:00h e as cullerdenses intentarán recuperar as boas sensacións dos últimos tempos que sufriron un cortocircuito nos segundos trinta minutos da fin de semana pasada en Meaño. O cometido non será sinxelo, xa que as lalinenses chegan invictas a Almeiras, comandando nestos momentos a clasificación. Recuperar a boa liña defensiva é vital para que o BM. Culleredo Rafergal poida facer frente ao seu rival e completar unha boa actuación no posicional dándolle máis protagonismo á pelota na circulación e o xogo colectivo.

(Xuvenil masc) BM CULLEREDO BERMÚDEZ ULLOA VS SD TEUCRO “B” UNIWASH

Despois de 2 fins de semana sen poder competir, o Bermúdez Ulloa volve ás pistas, enfrontándose ao Teucro en Almeiras este sábado ás 18:30h. Veremos se os xuvenís do Bermúdez Ulloa se repoñen a tempo para poder competir un partido de volta que se antoxa desputado.

(Senior masc) MC360 POIO ARTAI VS BALONMÁN CULLEREDO

O domingo ás 12:00 xoga o equipo senior no Municipal do Rosal. Pista onde sempre é difícil conseguir puntuar. Teremos que xogar un partido moi completo e axustar a defensa para poder sair rápido ao contraataque e así intentar conseguir goles sinxelos que nos permitan sumar os 2 puntos.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *