Saltar ao contido

Gran victoria do xuvenil `Bermúdez Ulloa´

Partido correspondente a xornada 3 da liga prata xuvenil, que enfrontabamos ante o historico Teucro.

Costou entrar no xogo, mostrando altibaixos na intensidade e con numerosos erros de lanzamento, malia iso, dominamos o marcador dende o minuto 5 ata o final.

Na primeira metade o encontro amosou bastante igualdade, con reparto de goles, presentando unha defensa 5.1 na que non acababamos de estar cómodos, provocando erros de vasculación e de cambios de opoñente, aínda así, salvábannos as nosas saídas continuadas na contra en 1ª e 2ª oleada, cunha actuación do noso porteiro Oscar estelar, xerando ocasións de contrataque 1x1 contra o porteiro. Pouco a pouco iamos entrando no xogo e sentíndonos máis comodos.

Na segunda metade, plantexando una defensa 6.0, os nosos sentíanse máis seguros e cunha gran actuación de Pablo e Iago, ambos cadetes, na defensa central, íamos minando as estocadas do rival e obtendo saídas rápidas na contra o que nos propiciaba situacións de gol fáciles. O noso ataque posicional foi de menos a máis, comezando un tanto espesos e rematando con solvencia as diferentes situacións que plantexaban os nosos centrais.

Así é todo, ao final, un 24-20 a favor dos nosos rapaces, que tras un largo parón, deron a cara e competiron con moita forza, entrega e ilusión. Seguimos traballando, seguimos mellorando. Esforzo, compromiso e gañas de desfrutar do balonmán.

FORZA CULLEEEEEEEEEEEEE!!!!!!!!

Goles Balonmán Culleredo: Guille Puga(2), Guille Briones(7), Chao(2), Gerpe, Eloy(1), Gon(3), Alexo(2), Shaiel, Kidus(2), Pablo Fariña(2), Iago Bescansa(2), Oscar(1)

Parciáis: 5' 0-2, 10' 4-3, 15' 6-5, 20' 10-6, 25' 11-8, 30' 15-10, 35' 16-14, 40' 17-16, 45' 48-17, 50' 21-17, 55' 23-18, 60' 24-20 .

Árbitros: Andrea Martínez e Caterina Adao.

GALERÍA DE IMAXES:

https://photos.app.goo.gl/C6keSgvvfkmo7DiD6

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *