Saltar ao contido

O Bm Culleredo Opemat comeza loitando!

Enfrontábase o Bm Culleredo Opemat ao OAR, neste primeiro enfrontamento dos nosos nenos contra outro equipo nesta tempada.

Bos 2 primeiros cuartos dos nosos rapaces que mostraban grande facilidade para marcar gol e que a pesares dos despistes defensivos conseguían facer varios roubos de balón en defensa.

Pouco a pouco iría entrando o OAR no partido e veríase reflexado nos 2 últimos cuartos, nos que foi moi superior aos nosos rapaces, que comezaban a amosar dúbidas e a recibir completamente estáticos.

A pesares de todo foi un moi bo partido dos nosos nenos que se preparan para comenzar esta nova semana a competición nesta tempada 20/21.

Bm Culleredo: Jorge, Hugo Neira, Lucas, Jacobo, Hugo Bermúdez, Adrián, Xoán Seoane, Diego Rodríguez, Alex e Iván.

Parciales:

-             1º tempo:  6-4

-             2º tempo: 4-4

-             3º tempo: 0-9

-             4º tempo: 4-6

Incidencias: Partido amistoso, desputado no Pavillón municipal de Almeiras sen público debido ao protocolo pola COVID-19.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *