Saltar ao contido

Prometedor comezo do Enerxíasolar!

Comezaban a competir os nosos nenos do Bm Culleredo Enerxíasolar esta fin de semana nun partido amistoso contra o Abegondo, na víspera do comezo da competición oficial.

O partido que enfrontaba ao Enerxíasolar fronte ao Abegondo víase complicado, tendo diante a un rival moi superior físicamente a todos os nosos nenos, sen embargo o bo xogo dos nosos servía para plantarlles cara.

Nos primeiros 2 cuartos amosaron os nosos unha moi boa cara, identificando moi ben os espazos libres en ataque e acertando nas decisión en defensa, conseguindo roubar varios balóns.

Nos últimos dous cuartos a diferenza física xa se fixo notar e os nosos non conseguían apretalo marcador coma anteriormente. O cansancio sumando á enorme superioridade física fixo moito dano e comenzaron a aparecer as perdas de balón por parte dos nosos que facilitaban a saída a contraataque dos visitantes.

Cabe destacar que a pesares da dificultade e o cansancio, os nosos nenos nunca se renderon e loitaron ata o final. Gran esforzo e traballo de todos e cada un deles!

Bm Culleredo: Xoel, Joel, Hugo Nodar, Yabu, Hugo Castelo, Antón, Hugo García, Alexis e Yago.

Parciales:

-             1º tempo:  7-9

-             2º tempo: 5-4

-             3º tempo: 5-9

-             4º tempo: 3-8

Incidencias: Partido amistoso, desputado no Pavillón de Tarrío e con público limitado debido ao protocolo pola COVID-19.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *