Saltar ao contido

Moi bo partido do Bm Culleredo Canedo!

Primeiro enfrontamento do Bm Culleredo Canedo contra un equipo de fóra do clube, momento moi agardado polos nenos.

Tras tanto tempo esperando a competir, comezaban os nosos cheos de enerxía e decisión, coas ideas claras do traballo a realizar en defensa, roubando numerosos balóns e saíndo coma lóstregos ao contraataque.

Con esta dinámica transcorrerían os 2 primeiros cuartos, nos que os nosos se mostraron moi superiores.

No 3º cuarto reaccionaba o Abegondo, que nunca se rendeu e por momentos conseguía apretalo marcador, pero finalmente o maior acerto de cara a portería dos nosos facíase valer.

Cabe destacala gran aportación de todos os integrantes do equipo tanto en ataque como en defensa, donde os rapaces de 1º ano e que comenzaron este ano a xogar ao balonmán amosaron que están a aprender e moito.

Bm Culleredo Canedo: Xoán Canedo, Teo, Iago, Jairo, Hugo Bregua, Leo, Manu, Mateo e Diego Bermúdez.

Parciales:

-             1º tempo:  13-3

-             2º tempo: 13-1

-             3º tempo: 9-5

-             4º tempo: 8-2

Incidencias: Partido amistoso, desputado no Pavillón de Tarrío e con público limitado debido ao protocolo pola COVID-19.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *