Saltar ao contido

Primeiro partido das nosas nenas alevíns!

Primeiro partido amistoso das nosas alevíns, contra un equipo de fóra do clube (o Brigantium), e último antes do comezo da liga.

Xa antes do comezo do encontro podíamos percatarnos dos nervios dalgunhas das nosas xogadoras e tamén das nenas do equipo rival, posto que para ambos equipos era a primeira vez en todo o ano que ían a xogar.

Isto notouse nos primeiros intres de partido con perdas de balón en pases e erros en lanzamentos por parte de ambos equipos, que o Brigantium non dudou en aproveitar en varias ocasións. Ao longo do encontro puidemos ver como o noso ataque ía sendo máis fluído, aproveitando moito o xogo coa pivote e gañando confianza.

A destacar o gran traballo defensivo, tanto nos roubos e saídas a contraataque coma nas axudas, que complicaron a entrada e finalización das rivais e foi clave para a vitoria do partido.

Tanto o resultado como o traballo realizado deixa boas sensacións a vésperas do inicio da competición.

Bm Culleredo: Antía García, Claudia Soto, Nadia Martínez, Irene Rodríguez, Alicia Canedo, Lucía López, Eva Outón e Sara.

Brigantium: Uxía Ameijenda, Silvia Martínez, Carolina Rodríguez, Iria Duran, Julieta Bodelo, Marta Castro e Inés Guerreiro.

Parciales:

-             1º tempo:  11-3

-             2º tempo: 9-4

-             3º tempo: 7-2

-             4º tempo: 6-1

Incidencias: Partido amistoso, disputado no Pavillón de Tarrío e con público limitado debido ao protocolo sanitario.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *