Saltar ao contido

Gran partido do ConstruPereiro fronte a un moi bo Atlántico!

Tocáballe desta vez ao ConstruPereiro enfrontarse a un duro rival nesta liga de prata. O rival era o Bm Atlántico, posiblemente o rival máis duro e competitivo deste grupo A da liga de prata e demostrou o porque no encontro.

Comezaba o encontro con rápidas accións por parte de ambos equipos en ataque, que marcaban un ritmo de partido moi alto. Nesta primeira fase de intercambio de goles sairía gañando o Atlántico, moito máis preciso de cara a portería e que no minuto 10 conseguiría sacar xa unha diferencia de 4 goles. Tras un tempo morto local parecía que se conseguira frenar a escapada do equipo de Oleiros no marcador, mantendo esa diferenza ata os últimos minutos da primera parte, donde o Atlántico conseguía aumentala diferenza a 6 goles gracias a un moi bo xogo en ataque a partires do pase e vai co pivote.

Xa no segundo tempo, co Atlántico algo máis cansado físicamente, o Culleredo ConstruPereiro conseguía mellorar a actuación da primeira parte e comezaba a recortar pouco a pouco diferenzas no marcador, pero un Atlántico moi constante e os erros defensivos na zona central dos nosos rapaces volvían a darlle aos visitantes esa máxima renda de 6 goles. Con 10 minutos de encontro por desputar un último arreón por intentar remontar dos nosos nenos comezaba a dar os seus frutos, axustando a defensa e roubando numerosos balóns. Sen embargo o partido chegaría a uns niveles moi altos de tensión e os nosos, pouco acostumados esta tempada a ter partidos tan apretados non foron quen de apretalo ata o final a pesares do enorme traballo feito. Unha mágoa a derrota, pero de seguro que será moi útil como aprendizaxe para os nosos rapaces e que así sigan crecendo como xogadores!

Bm Culleredo ConstruPereiro: 26 (10+16). Adrián (P), Rubén (P), Teo (1), Fabián (1), Hugo (5), Noé, Nicolás A. (2), Nicolás D., Josemi (9), Antón (8), Mateo.

Bm Atlántico: 29 (16+13). Enmanuel (P), Adrián (3), Daniel (1), Pablo (11), Diego Abades (3), Diego Lema (5), Roi (3), Juán, Gonzalo (3).

Parciais cada 5´:  2-2/4-8/4-9/8-12/10-16/ Descanso /14-20/18-22/19-25/23-29/26-29/ Final.

Colexiados: Iván Hernández e Renzo Martín. Sen complicacións.

Incidencias: Encontro correspondente a xornada nº2 da segunda fase de competición, liga prata infantil masculina grupo A. O encontro disputouse no pavillón municipal de Almeiras.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *