Saltar ao contido

O BM. CULLEREDO RAFERGAL PERDE A SÚA VANTAXE NUN SEGUNDO TEMPO ATÍPICO

O BM. Culleredo Rafergal sufríu unha derrota de todo inusual na súa visita á cancha do Asmubal Meaño. As xogadoras de Culleredo mostraron dúas caras ben distintas e totalmente antagonistas no primeiro e segundo tempo, sufrindo un bloqueo dificilmente explicable nos segundos trinta minutos.

As xogadoras de Culleredo dominaron con autoridade no primeiro acto, maniatando ao seu rival en tarefas defensivas e atopando con facilidade o camiño á porta contraria no posicional. Tan só algúns erros por certas precipitacións na transición defensa – ataque podían poñer un pero ao encontro que estaban a realizar as cullerdenses, fieis á súa regularidade nos últimos meses. Coa retagarda como principal baluarte, o BM. Culleredo Rafergal tan só encaixaría oito goles neste primeiro acto e dominaría por unha cómoda diferenza no tempo de descanso (8-12).

De forma incomprensible, fóra de toda lóxica para un conxunto que acababa de encaixar 8 goles e que posúe unha media de 18´33 por partido, a continuación levou ao BM .Culleredo Rafergal ás antípodas nesta faceta, terminando por sufrir os 21 goles de parcial das de Meaño para ceder nun encontro que parecía ben encamiñado. En apenas cinco minutos deste segundo tempo as locais xa se puxeran a un gol do seu rival e aos dez, as táboas subían ao electrónico. Nin o sistema defensivo 6:0, nin o 5:1, nin sequera o intento de mixta á xogadora Sabela Miniño, que foi un quebradizo de cabeza para as de Culleredo neste segundo tempo, deron resultado e as visitantes fóronse disipando co paso dos minutos, á vez que o seu rival se mostraba máis seguro, crecendo en confianza e en dominio para completar definitivamente a remontada.

Asmubal Meaño: 29 (8+21). Sara García, Andrea Besada (2), Aldara Gorrita (3), Nuria Cacabelos (8), Celia Besada, Uxía Varela, María Del Carmen Soto (2), María Dopazo, Sabela García, Laura Esperante (2), Zaira Otero, Carla García, Sabela Miniño (12).

BM.Culleredo Rafergal: 26 (12+14). Diana Dozo (p), Carla Bello (1), Marina Rodríguez, Aitana Tasende (1), Adriana Antonio, Anheliz A. Alexander, Lucía Ponte, Paula Valderrabano (15), Candela Puga (1), Adela Areoso (1), Lucía Sánchez (2), Carlota Rodríguez (4), Marta Valderrabano (1).

Parciais cada 5´: 0-1 / 2-3 / 3-4 / 5-7 / 6-9 / 8-12 / Descanso / 13-14 / 16-16 / 19-19 / 23-21 / 27-23 / 29-26/ Final.

Colexiado: Carlos Manuel Alonso e Oscar Fdez.

Incidencias: 3ª xornada da liga Prata en categoría xuvenil feminina. O encontro disputouse no pavillón Coirón Arena.

Fotos do partido:

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *