Saltar ao contido

GRAN PARTIDO PARA REMATAR A PRIMEIRA VOLTA

Un golpe de autoridade e unha clara vitoria por 4-33 do Infantil BM Culleredo Canosa Abogacía, nun campo, o de Mesoiro, no que as cullerenses ascenden ao máis alto da clasificación. O xogo estivo baixo control para o Culle dende o principio. A maior fluidez do ataque e a participación activa de todos os membros do equipo fixeron que se separasen no marcador. Por outra banda, Brigantium intentou seguir as accións causadas entre o seu pivote e a súa primeira liña, pero non foi suficiente. Na segunda parte, a nosa defensa foi máis dura, o que produciu máis sancións disciplinarias, pero logrouse o obxectivo de manter a portería a cero. De feito, o ritmo ofensivo baixou un pouco, pero aínda así a vantaxe poido ampliarse e acadar unha valiosa vitoria.

As mozas actuaron a un alto nivel e defenderon como non o fixeran ata agora nesta tempada. A gran defensa que levaron a cabo facilitoulles o lanzamento de numerosos contragolpes que o equipo rival non puido neutralizar, logrando así brechas no marcador de máis de 10 goles. Tanto o ataque como a defensa funcionaron as mil maravillas nesta fin de semana na que se xogou dobre xornada e na que incluso algúnhas xogadoras tiveron máis carga competitiva por mor de ir convocadas co equipo da categoría superior.

Rematamos a primeira volta dende a primeira posición. Agardamos comezar a segunda rolda en dúas semanas con gañas e ilusión e deste xeito acadar esa ansiada vitoria de campionas desta fase e sobre todo debemos garantir que o traballo diario se reflicta no terreo de xogo.

Balonmano Culleredo Canosa Abogacía 33 (17+16): SOFIA GONZALEZ ROMERO (2), LUCIA INES CORTEGOSO REY (6),CARLA CORRAL QUIAN (4), AROA BARBEITO CASAS,MARIA BESCANSA ALCOBA (4), LEIRE BARBEITO CASAS (1), PAULA PETEIRO VAZQUEZ (2),LUCIA MARTINEZ LABRADOR (2), ALBA PEDREIRA LOPEZ(3), VALENTINA MARTINEZ FIUZA (6), AROA GARCIA PENA (3)

BM Brigantium 4 (4+0): MARIA VALENTINA GOMEZ ESCALONA (2),UXIA AMEIJENDA TEDIN (1), CAROL RODRIGUEZ RIOBOO, SILVIA MARTINEZ GONZALEZ, UXIA SEOANE LAGE, MARTA CASTRO SANCHEZ, SARA CASTRO SANCHEZ, SARA CAAMAÑO VARELA (1), ANTIA CARDENAS FERNANDEZ

Parciais cada 5´:1-4/1-6/3-10/3-14/4-17 Descanso 4-21/4-23/4-28/4-30/4-33 Final

Árbitros: Pablo Torreiro Barros, Natalia Méndez Vázquez

Incidencias: xornada 2ª da segunda fase Liga de Prata grupo C celebrada no Pavillón Novo Mesoiro . Con 30 persoas aproximadamente de público debido ás restricións do protocolo COVID 19.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *