Saltar ao contido

O BM.CULLEREDO INDUTEC INGENIEROS VOLVE Á SENDA DA VITORIA

O BM. Culleredo Indutec Ingenieros volveu vencer a domicilio despois da derrota pola mínima o pasado venres e desta forma presenta de novo as súas credenciais nos postos máis altos da táboa clasificatoria.

Non comezaron os cullerdenses co ritmo máis adecuado o encontro, acusando quizáis a carga física de facía a penas corenta horas e contaxiándose do ritmo lento que desexaba implantar ao encontro o seu rival, o Asmubal Meaño. Os múltiples erros na transición, a falta de precisión nos pases e a pouca eficacia en determinadas situacións de lanzamento, non permitían ao Indutec Ingenieros distanciarse no marcador e dominar no tempo de descanso por unha diferenza ampla (11-15). Había moito que mellorar para que o conxunto de Culleredo impuxese o seu ritmo na pista, un maior dinamismo nos que os visitantes se movesen máis cómodos.

Na continuación e aínda sen completar un encontro excelso, aos cullerdenses bastoulles con estar máis anticipativos na sua defensa 5:1 e cun maior ritmo no desprazamento de pernas. Todo iso deu lugar  a erros nas accións atacantes do seu rival, a interceptaciones de balón e polo tanto, a rápidas transicións en primeira ou segunda onda que ampliaban a diferenza en apenas dez minutos. O BM. Culleredo Indutec dobraba a vantaxe do primeiro tempo no minuto 40 e virtualmente o partido estaba visto para sentenza (15-23). A partir deste momento non houbo máis historia e o equipo de Culleredo seguiría engrosando o seu marcador persoal para sumar unha vitoria contundente por 43-25.

Asmubal Meaño: 25 (11+14). Isaac Gómez, Miguel Castro, Yeray Méndez (1), Daniel García (8), Xabier Castro, Hector Torres, Adrián Martínez, Damián Lores (1), Sergio Gondar (5), David Romay (1), Jorge García (1), Adrián Rey (8), Manuel Hay.

BM.Culleredo Indutec Ingenieros: 43 (15+28). Iván (P), Iago Bescansa (1), Xoel Insua, Marcos Regueiro (1), Lucas Sánchez (1), Adrián Pestonit, Nicolás Vázquez (1), Shaiel Costa, Nuno Loxo (19), Senén Garea (5), Álvaro Dieguez, Teo Calvo, Diego Del Río (2), Juanfran Pazos (4), Samuel Seijas (9).

Parciais cada 5´: 4-3 / 5-4 / 5-6 / 7-9 / 10-13 / 11-15 /Descanso/ 12-19 / 15-23 / 17-25 / 18-32 / 21-39 / 25-43 / Final.

Colexiados: Carlos Manuel Alonso e Oscar Fdez.

Incidencias: 4ª xornada da liga Ouro. Encontro disputado no pavillón Coirón Arena (Coirón-Dena) na localidade de Meaño.

Fotos do encontro:

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *